Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser da aldea

lunes, 16 de enero de 2006
En tempos, era un estima. Ser da aldea era unha especie de pecado orixinal que levaba consigo unha barreira difícil de franquear para o que quixera ascender en sociedade.

Ser da aldea, para os da capital triunfante, equivalía a descoñecer usos e costumes de trato e comportamento, diferencias en vestimenta e coñecementos, pero especialmente traía consigo o idioma e o acento, xa que os da aldea expresábanse indubitablemente en galego. Non sabían, e tardarían moito tempo en sabelo, que ser da aldea tiña as vantaxes de posuir unha cultura popular que a cidade iñoraba, comportaba un vencello directo coa tradición e a Galicia profunda, e garantía de coñecemento do idioma propio coa profundidade do mellor lingüísta da actualidade.

Aínda así ser da aldea era a mellor garantía de ser menospreciado nos ámbitos educativos, culturais e sociais. Que lle lo pregunten ós cregos que foron seminaristas nos anos cuarenta ou cincuenta, e poderán confesar como foron obrigados a deixar o seu idioma, a súa cultura, o seu ser, porque para achegarse a Deus non se podía ser da aldea.

E sen embargo -cambian os tempos- agora resulta meritorio ser da aldea.

Da aldea declarouse onte Núñez Feijoo, o novo Presidente do Partido Popular de Galicia, no momento da súa asunción ó cargo. ¡E de que aldea!. Veu a luz nos Peares, ese pequeno pobo ou aldea grande, que pertence a dúas provincias, outros tantos bispados e tres concellos, por estar partido polo Sil e ser un emporio de producción hidroeléctrica.

Ninguén rastreará en Núñez Feijoó a súa orixen nos Peares ó escoitar o seu voluntarioso galego, pero a aldea non é o que era -valeira, de tanta xente que se foi- nin os aldeáns de hoxe son, afortunadamente para eles e para todos, nada parecido ó que foron naquela autarquía forzosa e lonxana.

Hoxe, ser da aldea, equivale a ser libre, autónomo, pequeno empresario, disfrutador dunha vida menos controlada polo reloxio. Hoxe, ser da aldea, é algo que os capitalinos envexan porque supón unha vida sen tantas ataduras, sen tantos móbiles, sen tanta dependencia dos medios informativos, cun permanente contacto coa natureza.

Antes, ser da aldea era unha vergoña á que ningún aldeán podía sustraerse aínda que o intentase. Hoxe, ser da aldea, polo que se vé, é unha distinción, aínda que un non reúna -ou perdese- os requisitos básicos identificativos.

Tódolos camiños conducen a algunha parte. Este camiño, que ven da aldea e volve á aldea, foi longo, pero parece que ó final valeu a pena.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES