Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encontro no diálogo e no amor

lunes, 16 de enero de 2006
A Igrexa católica celebra a 92ª Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado. O Papa e os bispos invítannos a colaborar na mellora das nosas relacións e convivencia con este colectivo marxinal. Compartimos idea/vida. Xuntos debemos construir fraternidade, na aldea, no barrio, na cidade, na Igrexa, no mundo. Outra ocasión para acrecentar a toma de conciencia diante o feito da inmigración e da pluralidade relixioso/cultural.

¡Chamada do Señor!. Na súa Palabra e na realidade. No 2005, a poboación extranxeira residente en España, rebasou os 3,5 millóns (8,4%). Temos fóra un millón ( 2´7%). En Galiza hai 43.197 inmigrantes con residencia permanente (1´6% ) e 25.000 sen ela. O 70% son latinoamericanos (o 15% de ascendencia galega); europeos 15.000 e africanos 4.700. O 15% están no paro e o 10% é autónomo. 30.000 cotizan á S.S. e posúen as tarxetas sanitaria/escolar. Lugo está á cola na acollida de inmigrantes, coa contradicción de que os empresarios se queixaron de non poder completar o cupo do ano por non lles asinaren máis inmigrantes.¡Incrible, pero certo!. Como espallada está a mentalidade de que “nós non somos racistas” (mentres nonos temos de viciños de casa ou de traballo).
 
Como se sabe (¡se queremos velo!) axudan a facer País. Igual cós galegos en América e Europa. Iste feito debería levarnos a unha acollida ampla/xenerosa cara os novos irmáns que precisan axuda. No económico/social e no humano/relixioso. Se o diálogo é necesario para nos entender, no relixioso é imprescindíbel. Tamén para a convivencia e a paz. Hans Küng afirma: “a paz mundial non será posible sen a paz relixiosa”. O filósofo X. A. Marina engade: “O papel humanizador das relixións é incuestionábel”. 
 
O tempo corre rápido. Semella estarmos sempre en transición. Non damos asumido as présas e tantas mudanzas (na relixión, na política, no movemento migratorio, na globalización). Para moitos/as é un trauma. Para os crstiáns/ás, un reto. Por iso cómpre facer un novo esforzo para “arrincar da nosa vida as barreiras da intoleracia, da desconfianza, dos prexuízos e dos medos”. Temos que conseguir que “ninguén se senta excluído dos bens da sociedade”. Monseñor Rouco fala de catro piares: “a verdade, a xustiza, o amor e a liberdade”.¡Abonda!.Todos avisan de “que non os tratemos coma man de obra barata para manter a economía, senon coma cidadáns de igual dignidade e cos mesmos dereitos e deberes cós autóctonos, capaces de se integraren na sociedade”.

Acollida, diálogo, escoita, comprensión, axuda, amor…debe ser a lei/norma das nosas actitudes. Se axudamos a distribuir ben as riquezas (tamén o traballo) e a compartilas, hemos de arrincar a fame/marxinación e han de cesar as inseguridades, os medos e toda crase de terrorismos. ¡É o xeito de sobrevivir e evitar “o choque de civilizacións”!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES