Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Santina, en Foz

Fernández, Suso - sábado, 13 de septiembre de 2014
O sábado, 13 – 9 –14 , os asturianos da bisbarra celebran a festa da Virxe de Covadonga, A Santina, patrona do Principado. A veneración a Ela é sentimento fondamente arraigado no corazón das xentes e, a manifestación do mesmo, traspasa o que é o seu entorno mais próximo. A Virxe diuse á vela e gañou terras e mares de América, e de medio mundo, porque os nativos, pobo emigrante coma o noso, fiel á terra e ó sentido e apego á virtude racial que se define como “asturianía”, que tan lexítimamente pregoan, e da que fan partícipes a quen os rodean, lèvana consigo alí a onde eles chegan. Esa é a experiencia dos mais de trinta anos que van da presencia notoria dos astures, que se integraron na xeografía humana focega á que contribuen cos seus valores, pois que son xentes dinámicas, extrovertidas, solidarias e participativas, deixando as súas pegadas na sociedade, sobremaneira nas facetas deportivas, culturais, sociais e lúdicas.

As gaitas indíxenas da Subela espallarán os sons de ledicia pola celebración que moi ben poderían soar ó unísono coas súas, pois como Julián Burgos, o poeta de Mieres, dí no longo poema “Foz de perlas”: “...al “orvallo” - como en gallego dicen -/ riego de fina lluvia al cual bendicen / hace ya mucho tiempo el pueblo llano / le llama “orvayu” en bable o asturiano, - y son lágrimas , pienso, que el desvelo / y el gemir de la gaita arranca al cielo...”.

Mais tarde, misa na honra da Santina, cantada polo magnífico Coro de Navia, vello coñecido na praza, que despois ofrecerá un concerto. A partir do anoitecer a grande “espicha” na que se prodigarán os clásicos “bollus preñaus”,
ovos cocidos e demais manxares típicos, xenerosamente regados pola sidrina, diurética e estimulante, seleccionada para a ocasión... Na longa velada agromará o talante cordial e festivo da concurrencia e, entre “culín” e “culín”, soarán vellos e nostálxicos cantares da terra nai, aínda que nestes trances, lúdicos e báquicos, non se lembre o consello: “ Si quieres cantar bien, niña / y tener voz de clarín / bebe agua de Covadonga / recogida del calderín” ...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES