Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Insensibilidade preocupante

viernes, 13 de enero de 2006
O conxunto da sociedade debera sentirse fortemente preocupado polo ambiente violento no que vivimos, ambiente que se respira en calquera situación problemática, e mesmo na convivencia cotiá.

Os rapaces son os que primeiro levan culpas de calquera desarreglo social que observamos, pero os rapaces son consecuencia da formación e clima familiar facilitados polos seus maiores que vimos ser todos nós, considerados colectivamente.

Efectivamente os máis novos dos galegos, por centrar no noso contorno amplo o problema, son os que se botan ás rúas de madrugada para impoñer a súa lei non escrita pero asumida por aclamación vociferante. Son os rapaces os que toman espacios públicos, impoñen a súa dictadura nas aulas, rachan cos costumes establecidos... Desempeñan os papeis que lles permitimos ou ensinamos, e cumpren co que se supón que corresponde á mocidade: Ser libres, rebeldes e amosar vitalidade.

Pero non está demostrado que fosen os rapaces os que destrozaron seis vagóns do museo do ferrocarril de Monforte de Lemos. Non está demostrado que sexan exclusivamente mozos os que agreden a cotío o Pórtico da Gloria, tendo conseguido en menos dunha década con rotuladores, navallas, flashes ou simplemente o tacto, o que varios centos de anos respectaron. Non está demostrado que sexan os rapaces, pero sí demostra que existe un virus arredor de nós que contamina social e materialmente todo o que toca.

Este virus da insensibilidade pode e debe ter o seu tratamento, de aplicación imprescindible e urxente, e con todo o peso que a Lei permita.

Os poderes públicos están preocupados, pero esa preocupación non pode ser exclusiva deles senón que debe afectar a todo o entramado social, a tódalas persoas que se recoñezan membros dunha sociedade viva rexida por normas legais.

Non son os rapaces os únicos responsables, nin moito menos. Pero os rapaces son os maiores do inmediato mañá, e os encargados en próximos anos de facer cumprir unhas normas mínimas. E se eles non se senten membros dun colectivo, co-responsables, con dereitos e deberes iguais a tódolos demáis, non só non teremos avanzado como seres humanos senón que teremos retrocedido un espazo importante no camiño da evolución cultural.

A situación é preocupante. E se non se lle pon pronto remedio, irreversible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES