Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fogar, doce fogar!

jueves, 11 de septiembre de 2014
¡Miña casiña, meu lar…dicía Rosalía e tiña moita razón!
Non sei que ten pero a casa de cadaquén, sexa pobre, sexa rica; o certo é que ten un encanto moi especial.
Certo que chegar a ter una casa costa moitos anos de traballo, moitos esforzos, moitos contratempos, moitos…pero é a nosa república independente onde choramos, on de rimos, onde disfrutamos, onde gozamos, onde almacenamos tódolos nosos enseres, onde nos resgardamos do frío, da choiva, da calor e tamén do mundanal ruido.

O FOGAR É UN LUGAR PARA O DISFRUTE.
Tódalas casas fan as mesmas funcións, pero non en todas nos encontramos tan libres e independentes como na nosa propia.
A estas alturas do ano son moitas as persoas que volven gozosas para os seus respectivos fogares despois de pasar uns días de vacacións fóra.

Salvo complicacións inesperadas, a inmensa maioría das persoas que saen das súas respectivas casas para visitar lugares, amistades ou para gozar uns días de relax rompendo coa rutina de cada día; cando volven ó fogar con ben, experimentan un gozo inmenso.
¿Encóntrase vostede nese caso?
Aínda que mellor que ninguén son as persoas desafiuzadas as que experimentan nas súas propias carnes a dor de perder algo tan necesario. Pero eso xa forma un capítulo aparte.

O gozo que eu quero compartir con todas cantas persoas teñan a ben ler esta reflexión miña é para multiplicar esta experiencia tan entrañabe e gozosa con tódalas persoas que tivemos a sorte de ausentarnos uns días dos nosos fogares por motivos vacacionais.

Ante todo temos que agradecer o feito de que puidéramos gorzar duns días á nosa maneira para repoñer forzas, cambiar de aires, romper co de cada día, coñecer lugares, compartir con outras persoas, etc, etc… ¡Unha auténtica gozada!

Agradecer é de persoas ben nacidas como vostede e coma min.
Por eso penso que sempre temos moito que agradecer:
-A saúde física que nos permite facer infinidade de traslados e observacións.
-A saúde intelectual que nos permite ir pola vida sabendo dirixi-los nosos pasos.
-A saúde social porque somo persoas queridas, valoradas e respetadas por onde queira que vaiamos.
-Saúde ética porque sabemos comportarnos e deixa-la porta aberta para cando queiramos repeti-la experiencia.
-Saúde económica que nos permite cambiar servizos e benestar por moedas a cambio.
-Saúde integral porque o feito de ser boas persoas xa di moto e moi ben de nós.
Tamén temos moitísimo que agradecer a tódas aquelas persoas que nos acolleron con cariño por onde fomos.
E cando se trata de amistades, o agradecemento é maiúsculo e non hai cartos que o paguen. Dese sabe vostede moito e eu, tamén.
Eu sei moitísimo.

Despois de todo esto agora toca disfrutar do fogar propio.
¡Qué ben se descansa na cama de sempre!
¡Como se encontraban a faltar os pratos típicos da terra!
¡Canta alegría reciben as persoas que levan días ser vernos persoalamente!
¡Que satisfacción chegar con ben á casiña!
¡Que alegría reencontraree cos parentes, compañeiros e veciños na vida de cada día!
-Facer balance das vacacións…
-Descansar a perna tendida…
-Respirar a pleno pulmón…
-Pensar en repetir a experiencia…
E volver á vida de cada día: uns na oficina, outros na labranza, outros na industria, outros nos servizos, outros…
¡CANTA RIQUEZA SE EXPERIMENTA VIVINDO EN PAZ AS DIFERENTES SITUACIÓNS E ETAPAS DA VID!

Se a saúde acompaña, o gozo é pleno e se non, haberá que facer todo o posible para recuperala o antes posible. Menos mal que no noso país gozamos de moi bos servizos médicos cun persoal moi ben especializado.

O noso fogar, ofrécenos una serie incalculable de servizos.
Non sei se o seu fogar foi herdado, construído, comprado ou alugado; pero en calquera dos casos deséxolle que disfrute a tope dese fogar, porque un fogar é un fogar:
”UN LUGAR PARA DISFRUTAR”.

Eu atópome moi cómoda e feliz no meu, pero non pense; tampuco quero que se me caian as paredes encima.
Sempre que podo saio a correr mundo porque din que para aprender hai que andar e ler.
¿A vostede que lle parece esa idea?
Conste que se non a comparte, non pasa nada. Para cada un o mellor dos programs é o seu propio.
Tamén penso que xa chegará o tempo en que as circunstancias persoais non permitan saír da casa. Tempo virá, pero mentres se pode saír, non hai nada mellor – ó meu humilde parecer- que compaxinar fogar con exterior.

Hai persoas que lles gusta moito a casa, a min tamén; pero…
¡Hai tanto que ver por fóra!
Unha vez oín a una persoa que dicía:
¿Qué gañas con ir ver o que non é teu?
A min eso chocoume moito porque a min ninguén me vai impedir que eu disfrute coa beleza das persoas, das plantas, dos animais, da paisaxe rural ou urbana; con todo canto se me presente ante os meus ollos.

Non sei por que me parece que vostede disfruta co seu e máis co resto.
Eu disfruto co propio e co alleo.
¡Pobre de min se tan só disfrutaraa co meu!
¡Que pobreza!
¡Só faltaría!

Poderíamos dicir que hai un mundo de portas a dentro e outro de portas a fóra. Disfrutar dos dous a min séntame moi ben.
¿E a vostede?

-Os nenos disfrutan do fogar e da familia pero tamén complementan co colexio, os amigos e o tempo de ocio ó aire libre.
-Os estudiantes case pasan máis tempo fóra que na casa, pero cando volven ó fogar e a súa mamá lles prepara o seu prato favorito, lles lava a roupa e lles ten una cama preparada, lles dá mimos…
¡Como gozan do fogar sobre todo cando chegan cansados e agobiados!
-A idade adulta tamén disfruta fóra, pero despois dun tempo, cando as forzas xa se resinten…
¡O fogar…o fogar…non sei que ten o fogar!
Cando se retorna á casa: ¡plaf!
-E ós séniors tamén lles gusta saír pero cando as circunsancias se poñen feas… non queren deixar o seu fogar ata que máis non poden… ¿Por qué será?
Debe ser porque o fogar é moi dóce.
Por eso coincidimos en dicir:
¡FOGAR, DÓCE FOGAR!

Pero non só o fogar é dóce, tamén o son outras moitas cousas, por exemplo:
“GALICIA É DÓCE”
Este será o título do vindeiro artigo.
Grazas de novo por terme na súa consideración nesta ocasión desde o seu dóce fogar.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES