Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un caravel para Manuel María

miércoles, 10 de septiembre de 2014
Quero ser sinxelo como esta irmandade que nos abrangue en apertas fraternas cada 8 de setembro. Sinxelo como os poemas do labrego que levabas dentro e que che medraba en cada verso. Sinxelo como as verbas rexas que aínda hoxe nos arrepían para berrar identidade escachando silencios.

Quero ser sinxelo e veño aquí, un ano máis, a beber da forza da túa palabra, da fonte da liberdade que se eterniza en poesía e, hoxe, co teu permiso dáme por lembrarche que este ano, cando hai dez que nos falas só polos teus versos, tamén hai corenta que un pobo, o pobo portugués, a nosa outra metade, decidiu ser libre para sempre; e, por esa decisión, loitamos diariamente collendo folgos na túa poesía.

Como pobo, prometémosche “non perder a palabra”; como persoas, prometémosche seguir lembrando o teu nome e, como corazóns, prometémosche tecer palabras firmes que reflictan a realidade e que tezan, pouco a pouco, un futuro mellor.

Hoxe poño na túa campa unha rosa e un caravel vermello. Neles vai a firmeza de que un día seremos ríos de rúa bebendo augas de fraternidade.

(Palabras de Iago Santalla o luns, oito de setembro, décimo cabodano de Manuel María, no acto de homenaxe que a Irmandade Manuel María e Xermolos celebra anualmente na honra do patriarca literario da Terra Chá).
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES