Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

D. Xosé Filgueira. 18 anos despois

martes, 09 de septiembre de 2014

Vanse cumplir dezaito anos da morte do Profesor Filgueira Valverde (o trece de setembro) e parece oportuno facer memoria deste sucedido para seguir a lembrar a unha figura ben sobranceira da cultura galega. É certo que neste portal, e nesta sección de opinión, xa se ten lembrado en sendos artigos de Xulio Xiz (o doce de xullo) e de Manuel Suárez (21 do mesmo mes). Nos artigos, paréceme que moi acertadamente, alúdese a aspectos da persona do “vello profesor” e tamén da polémica suscitada pola designación da R.A.G de adicarlle, o próximo ano, a celebración das Letras Galegas.

Opino (esta é unha sección de opinión) que ámbolos dous autores citados acertan ao sinalar o “desenfoque” da polémica e a “esterilidade” da lea montada. Xulio suliña que o asunto /centro (o quid/ o esencial) da celebración das nosas letras é isto precisamente: as letras. Polo tanto, podo engadir que se premia ao letrista do coro, non á orquestra e á súa posta en escea. Manuel Suárez refírese ao positivo da obra difusora e animadora de Filgueira, entón “perderse” noutras discusións semella, como pouco, perder o tempo. A mín paréceme máis oportuno seguir a difundir e rescatar a obra de D. Xosé, ou polo menos, como di Antón Reixa (noticia recolleita e publicada en 4º poder) quen, falando da polémica, recomenda: “…vadear el río por la otra orilla”. Pola beira da cultura e non da política.

A faciana letrista, do autor Filgueira é francamente impresionante. Por referírmonos á parte máis cuantitativa, basta con presentar “algúns números” do persoeiro, p. ex Libros e folletos.publicados.- 300 títulos, conferencias, 1600, artigos (só nos IX tomos) dos Adrais: 578 (podemos atopar más amplia información na obra de María Jesús Fortes Alén (1996) Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906 – 1996): bibliografía, traballos, eloxios/edición. Publicación da antiga Caixa de Aforros de Pontevedra. Un dos aspectos que chama poderosamente a atención é a idade temperá en que empeza a publicar e a colaborar na cultura o xove Xosé Fernando aos 17 anos dá a primeira conferencia e aos 20 é cando él e máis Tobio, Magariños e Cordal Carús publican o Vocabulario Popular Galego-Castelán.

Hoxe toca lembrar a esta figura das letras, feito este que non impide recoñecer o grande mérito dos outros autores que tamén foron propostos na sesión da R.A.G. Atrévome a dicir que, de ser académico, o meu voto sería para D. Celestino Fernández de la Vega, simplemente polo seu traballo filosófico. Espero que chegará o tempo do Celistro (tal era como lle chamaban a D. Celestino).

Regueiro Tenreiro, Manuel
Regueiro Tenreiro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES