Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confederación do Miño

jueves, 12 de enero de 2006
A tendencia é gobernar de cerca. A tendencia desde hai un cuarto de século polo que ás comunidades autónomas se refire, considerando que canto máis cercano estea o centro de decisión máis sensibilidade terá o que decide sobre os problemas, e máis axilidade a xestión.

Hai un cuarto de século, todo viña de Madrid. Madrid era o centro, a capital, o control. O resto, eran provincias: lugares lonxanos, subdesenvoltos, que había que tutelar para evitar a anarquía máis absoluta.

Algunha razón teñen os que din que a autonomía naceu e foi medrando case por imposición, pois en Galicia non había en xeral un sentimento autonómico. E a primeira Xunta tiña menos medios administrativos e humanos que un pequeno concello rural na actualidade.

E Madrid deixou de ser tan importante. E as decisións foron chegando desde Santiago. E Santiago foi a capital, pero o resto de Galicia seguíu sendo "de provincias".

A comezos do século XXI chegamos á por agora última descentralización cando se materialice a constitución da Confederación Hidrográfica do Miño (E do Sil, do Limia, do Parga ou do Eo), que goberne o presente e o futuro das correntes fluviais do que se chamou "O País dos mil ríos"...

Ata agora, a Confederación Hidrográfica do Norte de España, con capital en Oviedo, rexía desde aló os problemas e as solucións para os ríos galegos. Un pouco lonxe nos parece, aínda que a rapidez das modernas comunicacións vaia eliminando as distancias.

Imos ter Confederación do Miño, e agora o debate está en onde afincara súa sede, que parece lóxico sexa unha cidade fluvial. Parece ser que se teñen postulado para acollela A Coruña, Lugo e Ourense, estando sempre presente Santiago como centro administrativo de Galicia.

Dando un novo paso descentralizador, hai que pensar que un organismo deste tipo, tan específico, debe estar cerca do seu obxecto directo, polo que Santiago e mesmo Coruña poden quedar descartadas, quedando Lugo e Ourense, cidades miñotas, como posibles sedes da nova Confederación.

E aquí entra xa o xogo político, que se en todo está presente, máis neste caso que se trata de contar cun novo centro de poder e influencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania