Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (25)

miércoles, 10 de septiembre de 2014
Recollendo leña para a salva


Hai setenta anos, sendo nena, cando se acercaba o vinte e catro de xuño, nun lugar como a maioría da Galicia labrega, os nenos eran os encargados de xuntar a leña para facer a salva.

Pola semana, tiñamos que ir á escola, e o sábados e domingos iamos buscar leña. Naqueles tempos, non había tanta, pois facíase a comida e cocíase o pan no forno con leña. Así que, iamos aos sitios peores buscala: nas beiras dos ríos, polos cómaros. Traiámola arrastrándoa polos camiños; os de atrás enchiámonos de po, pois os de diante levantaban unha poeira.

Os pais dábannos os canotos das coles e repolos. Con carretillas traiamos todo. Daba moito traballo. Pero, sempre xuntabamos un montón grande.

O vinte e tres de San Xoán, ao anoitecer, acendíase a salva, ou sexa, a lumeirada, como se chama agora. Viñan todos os veciños, vellos, mozos e nenos. Era unha reunión moi bonita. No lugar onde me criei, había cerdeiras ao lado. A xuventude subía coller as cereixas, pois co resplandor do lume, víanse.

Os vellos e nenos pequenos poñían uns tizóns a parte e salvábana saltando por enriba dela. Dicían:
“Sálvate lume de San Xoán, que non me traba cadela nin can, nin can nin cadela, nin bicho que haxa debaixo da terra”.

Estábase ata moi tarde na reunión. Tamén se poñían nas portas e ventás rosas e flores con verde que había nos campos. Nunha palangana, poñíase auga con pétalos de rosas, follas de plantas olorosas: menta, malvela, malvas; todas as que ulían ben, pois todas as casas tiñan un sitio para xardín.

A palangana quedaba ao rocío. Pola mañá, a xente da casa lavaba a cara nesa auga. Era un costume de antes que non se debía perder.

Por San Pedro tamén se facía outra salva; esta era máis pequena, pero tiña os mesmos rituais. Da xente que recordo ao arredor das salvas, xa pouca quedamos. Un recordo para os que se foron. Un saúdo para os que quedan.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES