Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuíces e Parte

miércoles, 11 de enero de 2006
Cando se trata de confeccionar listas para calquera das contendas electorais, nos partidos descobren que existen por milleiros os políticos vocacionais que aspiran a representar ó pobo nas institucións municipais, autonómicas ou estatais. Dito na linguaxe normal (román paladino), que hai auténticas bofetadas por ir en calquera lista nos lugares de saída.

A razón é que os postos ós que se accede están magnificamente pagados, alomenos se temos en conta os salarios de tipo medio que existen neste país.

Certo que as tarefas para as que se postulan os aspirantes son do máis elevado e responsable, e do seu labor -por activa ou por pasiva- depende boa parte do noso futuro. Certo tamén que se trata dunha plataforma de lanzamento persoal con moi importantes compensacións, aparte das puramente económicas, no plano social.

E aínda que os parlamentarios -autonómicos ou nacionais- estean moito peor pagados que os de outros paises do noso contorno, os do Congreso e Senado andan arredor dos 56.000 euros anuais, e os do Parlamento galego están arredor dos 50.000. Son cantidades pequenas se se comparan coas dun alto executivo dunha gran empresa, pero moi importantes cifras se se comparan coas que estamos afeitos a manexar nas actividades cotiáns e por parte das xentes do común.

Que as tarefas dun parlamentario son especiais, todos estamos de acordo. Por eso teñen trato especial, social e economicamente.

Por eso son xuíces e parte en canto ó seu rexime, mesmo no aspecto económico. Por eso puideron chegar a un acordo previo en canto ás subidas dos seus emolumentos, que podería ser dun dez por cento se cristaliza en acordo definitivo, pero que parece non vai ser por non saber explicalo axeitadamente.

Porque resulta que fai falla un mecanismo transparente de explicación de emolumentos dun Deputado do Parlamento galego, indicando cal é o soldo base, e cal o importe por asistencia a sesións, por desprazamentos, ou calquera outro concepto. Fai falla que alguén explique axeitadamente as razóns do incremento, canto se vai incrementar, e cantos deputados gañan e cantos perderan ingresos con calquera modificación que se efectúe.

Ser xuices e parte é unha grande vantaxe. Pero ten a contrapartida da lonxanía, de arredarse do contorno. E de que calquera decisión que se tome non chegue axeitadamente ós que teñen que enxuizar en definitiva o que ocorre na primeira institución do País.

Seguro que os deputados deben ver incrementados os seus ingresos. Pero hai que explicárnolo moi ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania