O niño dun gaio
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 08 de septiembre de 2014
Eu chorar chorei o domingo a tarde. Porque tiven que subir a un castiñeiro para saber o que tiña o niño dun gaio e dicirllo aos rapaces. Cando ía no medio do castiñeiro, unha galla cedeu e xa me vin dando tombos dunha póla a outra ata que acabei cos ósos no chan. Ese foi o problema: os ósos. Algún ou máis dalgún escachizou ou esgazou, porque
eu chorar chorei o domingo a tarde. E foi cando se me veu a canción de Uxía á cabeza. O peor de todo isto estivo en que, eu e máis os cativos, quedamos sen saber qué tiña o niño do gaio. Mira que non puido facer o niño nunha simple silveira. Tivo que levalo ao alto do castiñeiro. Para que
eu chorar chorei o domingo a tarde. Pero sigo aquí para contalo.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora