Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas relixiosas (IV)

jueves, 04 de septiembre de 2014
Etnorituais e ofrendas relixiosas (IV)
IV. SANTUARIO DO SANTO ANXO DE ANSEÁN, O CORGO (LUGO)

A. ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS E XEOGRÁFICOS DA PARROQUIA DE ANSEÁN.

Desde unha óptica eclesiástica, a freguesía de Santa Catarina de Anseán pertence ao Arciprestado de Farnadeiros e a diócese de Lugo. A efectos civís forma parte do concello de O Corgo e da provincia de Lugo.
Segundo Manuel Vázquez Seijas houbo unha torre, a Torre de Anseán, do Marqués de Astorga, título concedido a Álvaro Pérez Osorio en 1465 polo Rei Enrique IV. Dela faise referencia no proceso que tivo lugar no ano 1526 contra D. Alonso de Fonseca. A torre foi destruída polos irmandiños no século XV e, logo, volveuse a reconstruir. Sen embargo co paso dos anos foise deteriorando debido ao abandono dos donos e a falta de cuidado por parte dos caseiros.

B. ALGÚNS TRAZOS SOBRE A NOCIÓN DE RELIXIÓN POPULAR

Para o teólogo Luís Maldonado a relixiosidade popular que él prefire darlle o nome de “catolicismo popular” é a sintese dun cristianismo establecido nas poboacións rurais de Europa logo de introducirse nas súas creencias, é decir, na súa relixiosidade telúrica e no seu estilo de vida agrocultural. Este concepto está moi ligado coa visión estática a que fai alusión Michel Vovelle. Pola súa banda, Pedro Castón Boyer prefire falar de relixiosidade tradicional para diferenciarla dunha relixiosidade oficialista. A primeira estaría reflectida en todos aqueles comportamentos religiosos, que integran a cultura dun pobo e, polo tanto, vencellados co seu universo simbólico. En contraposición coa visión anterior, ésta estaría maís relacionada cunha conceptuación dinámica.
O antropólogo W.A. Christian evita o uso da expresión “relixión popular” xa que o termo “popular” rematou por connotar o sentido de rural por oposición a urbano; primitivo por oposición a civilizado; tradicional por oposición a moderno… Isto motiva que sexa partidario de falar de relixiosidade local, xa que os costumes relixiosos coas súas semellanzas e diferencias teñen en común á vinculación a un lugar concreto e aun orixe histórico. Asi mesmo o historiador Andrés Gallego non utiliza a expresión relixión popular senón que fai mención aun refacer a vivencia relixiosa na historia, é decir ás formas de vivir a relixión. Finalmente os antropólogos Gurutze Arregui e Ander Manterola manifestan que a relixiosidade popular é unha das manifestacións da cultura dunha comunidade, que ten como ámbito de estudio o conxunto de creencias e rituais froito da actividade simbólica dun grupo humano e que o propio grupo humano caracterizou como sagrados e relixiosos.
A relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten os seus trazos especiais. Cada comunidade vive e manifesta a fe dun xeito propio. Unha relixiosidade é popular cando se configura con ese pobo e manifesta o seu sentir. É parte da cultura, dun modo de pensar e de vivir. Para comprendela cómpre ter en conta o pasado, o que na actualidade lle rodea, os trazos do lugar, o estilo das persoas, como viviron o cristianismo, que é o que herdaron dos séculos pasados, que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou. Polo tanto, é popular o que o pobo crea mais tamén o que recibe, asimila e fai propio. Unha das manifestacións da relixiosidade popular radica nos santuarios.

C. A NOCIÓN DO SANTUARIO

O santuario é un lugar de culto simbolizado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial ao que acoden devotos non só da comunidade parroquial, na que se ubica o espacio sagrado, senón tamen doutras freguesías. Neste último caso adoitan vir dun xeito individual ou colectivo. Polo tanto, podemos facer alusión a un espazo xeográfico ao que o antropólogo W.A. Christian denomina “territorio de gracia”, sobre o que un santuario proxecta a súa influencia en función do poder de convocatoria que exerce a súa imaxe sagrada en cuestión. Este territorio -segundo Carme Pernas- pódese reducir a un ámbito parroquial, municipal, comarcal, regional e extra-rexional, que é o menos frecuente. Os devotos veñen a este recinto sagrado por un dobre obxectivo:
1º. Pregar da imaxe sagrada a súa intercesión ante determinadas peticións de índole material -prevención e sandación de doenzas, boas colleitas, facenda familiar...- e de carácter espiritual.
2º. Cumprir unha serie de promesas á devandita imaxe logo de que lles concedese as rogativas solicitadas.
“Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva”.
“Los santuarios son lugares precisos de transformación de la energía divina para utilización humana y de transformación de la energía humana para propósitos divinos”.
Por outra banda, o crego Xosé Antón Míguélez na análise que fai sobre os santuarios distingue os seguintes elementos: a vivencia do social vencellado a uns lugares e obxectos concretos; o predominio da emoción sobre a racionalidade; a cosmovisión estática e non histórica; e o carácter popular pouco institucionalizado.
Finalmente nos santuarios podemos apreciar a existencia dunha triple dimensión:
1ª. Espacial. Tratase de lugares que son puntos de encontro, de contacto, de intersección das diversas zonas do real, da heteroxeneidade dos diferentes estratos da realidade (o divino e o humano, o sagrado e o profano). En moitas ocasións, os lugares onde se ubican os santuarios están relacionados con lendas ou aparicións milagreiras de santos-as, con reliquias… ou mesmo como lugares onde antano se celebraban prácticas pagáns e cultos á natureza…
2ª Temporal. Os santuarios son o eixo unificador dunha serie de ritmos vitais e cósmicos. Así nos momentos de transición anual correspondentes cos ciclos solsticiais-equinociais é cando adoitan celebrarse as festividades relixiosas.
3ª Sociolóxica. Nestes recintos sagrados se reflicte o seu sentido de identidade ou pertenza a un grupo por medio dunha serie de rituais. Tamén o seu sentido de integración de cara ao exterior. “La doble vertiente, hacia adentro, y hacia fuera del área de referencia de cada centro de completa de esta forma, creando una red de relaciones de signo diverso”.

D. O SANTUARIO DO SANTO ANXO DE ANSEÁN (O CORGO)
1. OS TRAZOS ARTÍSTICOS

Trátase dunha igrexa parroquial, que está provista dunha porta principal alintelada, dun óculo, dunha espadaña sinxela e dunha porta lateral cun ventanal na parte superior. Ademais posue unha nave a dúas augas con cuberta de pizarra e que se asenta sobre un armazón de madeira. Tamén ten unha capela a catro augas maís alta e reducida que a nave cun arco de triunfo de medio punto sobre unhas impostas saíntes.
No interior do espacio sagrado hai un retablo central, de estípites, composto de tres hornacinas e dun ático. Nas hornacinas encontranse as talles de Santa Catalina e San Antonio, obras do século XVIII. No ático, a talle de San Cristóbolo, tamén do século XVIII. Ademais hai dos retablos laterais con varias talles do século XVII: Anxo co Neno; a Virxe do Carme e San Miguel.
A igrexa está provista dun amplo adro con cemiterio e contén unha magnifica custodía “Sol” de 1800. A uns mil metros atópase a Pena do Santo, e ó seu carón o local da Asociación de veciños de Anseán, onde o fregués Manuel Fernández “Lolo”, ten unha exposición permanente de gran valor relativa aos instrumentos do liño.

2. AS FONTES DOCUMENTAIS

2.1. Lib. Baut., perg., det., 1678-1715.
2.2. Lib. Baut., perg., 27 feb. 1785-22 jul. 1851, Fol.. 1-93v.
2.3. Lib. Baut., 20 feb. 1852-14 ag. 1934. Fol.. 1-105.
2.4. Lib. Baut., 6 nov. 1935-crte.
2.5. Lib. Baut., Manán, 1 en. 1892-25 set. 1945, fols. 1-89v., cronolog., 3 fols.
2.6. Lib. Baut., Manán, 9 dic. 1945-crte.
2.7. Lib. Matr. 30 jul. 1885. crte.
2.8. Lib. Dif., perg., 15 set. 1776-26 dic. 1850, fols. 1-47v.
2.9. Lib. Dif., 14 ag. 1852-crte.
2.10. Lib. Confirm., perg., 9 oct. 1798-12 feb. 1885, fols. 1-36v.
2.11. Lib. Fábr., perg., 1799-1892, fols.1-77.
2.12. Lib. Fábr., perg., 1692-1798, fols-1-226.
2.13. Lib. Fábr., 1816-crte.
2.14. Lib. Cofr., Stmo., Sto. Ángel, perg., 17-crte.
2.15. Lista Cofrades Stmo., Sto.Ángel, leg., s. fecha.
2.16. Lista Cofrades, leg., 1916.
2.17. Lista Cofrades, leg., 1936.
2.18. Lista Cofrades, leg., 1945.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES