Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O San Ramón de Vilalba

viernes, 29 de agosto de 2014
Como nun aquelarre de ledicia

Ningunha festa é tan grande como para non caber no corazón dun neno. Pero tamén é certo que por pequena que sexa unha festa o corazón dun neno faina grande, inmensa, inconmensurable.
Eu lembro que, sendo neno, o meu entusiasmo diante das festas do San Ramón era tan grande que visto cos ollos de hoxe me parece un imposible. E sen embargo, desde a miña Porta de Cima, oíndo música na Plaza, era capaz de ir bailando sobre un pé só – sendo o baile unha das artes que ma ten xurada- do puro disfrute pola ledicia festeira.

E non é que o entusiasmo vaia a menos, ou a festa poida decaer, senón que o corazón vai enchéndose doutros entusiasmos, e contaminándose con outras sensacións menos placenteiras, e o rapaz, o adulto, o “maior” ten o corazón máis ocupado e non pode enchelo de repente con igual entusiasmo festeiro, coa ledicia desbordante que non precisa saber máis ca comprobar que o calendario marca o momento e o ambiente se transfigura para entrar nun especial estado de ledicia imposible de repetir.

Agora a miña sensación do San Ramón é máis pausada, máis cerebral, máis asentada... e tomo parte nos aspectos literarios que levan catro décadas de esforzo e entusiasmo vilalbés, e recoñezo que o ambiente vilalbés se ennoblece, se enriquece e chega a estourar en luces, melodías e ledicia. Pero nunca volverei sentir os san ramóns co entusiasmo da nenez, aínda sabendo que as festas son as mesmas, que a brillantez está garantida, que as luces aluman máis, a música soa máis potente e os ánimos se concitan como nun aquelarre de ledicia e amizade para que o pobo tome conciencia de vivir un tempo especial.

Do mesmo xeito que a nenez é un paraíso perdido que nunca poderemos volver a disfrutar – a menos que saibamos albiscala nos ollos dos nosos nenos- tamén estou seguro que ningún San Ramón vai ser para min como aqueles dos comezos dos sesenta que feriron de luz a miña alma (o meu corazón). Pero aínda así teño que recoñecelo: No San Ramón teño envexa daquel neno que algún tempo fun, e volvo descubrir que Vilalba é unha patria festeira á que cada ano, afortundamente tamén de xeito físico, teño que volver. Para poder sentir a festa; para de novo ser infantilmente feliz; para poder seguir auténticamente vivo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania