Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perder peso

lunes, 09 de enero de 2006
Médicos e especialistas abogan porque as persoas manteñan durante a súa vida un peso acorde coa estatura e conformación corporal, como garantía de normalidade vital e para evitación de enfermidades derivadas do seu exceso.

Perder peso é unha preocupación habitual de tódolos que superan as cifras estimadas correctas, e as restriccións na inxesta de alimentos, as dietas, o exercicio físico deben encargarse desta corrección so pena de posteriores problemas.

Pero hai outro xeito de peso, ata agora poucas veces cuantificado, que tamén está de actualidade. Sería aquel peso -estimado en sentido figurado e non físico- que unha persoa ou institución presenta ou se lle supón nunha determinada sociedade ou nun ámbito xeográfico-político.

Sábese que unha persoa ten un determinado peso específico nun pobo ou sociedade, cando os seus criterios son estimados, se conta con ela para a toma de determinadas decisións, ou está presente en determinados círculos. Pero é ben difícil cuantificar este "peso", se é que se pode cuantificar.

De repente enterámonos de que está cuantificado o peso de Galicia dentro de España, e que este peso ven de descender segundo as últimas apreciacións.

Galicia, polo que parece, tiña un peso de 5,31 dentro da sociedade española, e pasou nun ano ó 5,06, baixa pouco apreciable pero sintomática.

Se o peso específico de Galicia dentro da nación española fose a pura división entre o número das autonomías, do "cen" total corresponderíalle arredor dun seis por cento. Pois tendo en conta a existencia de autonomías "poderosas" económica e socialmente como Madrid, Catalunya ou o País Basco, e xigantes como Andalucía, temos que concluir que non está mal este promedio de "peso", aínda que a baixada pode preocupar un pouco.

Este tipo de noticias está ben para encher os baleiros que as festividades pasadas ocasionan, ou elemento de base para a súa utilización por políticos e enxeñeiros económicos para dialécticas verbais... A baixada de 5,31 a 5,06 na influencia ou no peso dentro do contexto nacional non é máis ca un argumento, unha cifra, un detalle que non rebaixa en nada a importancia social que acreditamos por temas como o Xacobeo, que pon a Galicia de moda e nos sitúa nun mapa que durante moito tempo estivo sen perfilar de todo.

Perdemos algo de peso. Do mesmo xeito que o peso físico sufríu nas festas un pequeno ataque difícil de rexeitar, e agora confiamos na recuperación, agardemos que esta pequena perda se supere con creces neste ano que comezamos. Amen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES