Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cremita: ¡feito a man!

jueves, 28 de agosto de 2014
Todo o que avanzan a lingua e a cultura galega polas mañás nas escolas, perdémolo polas noites nas verbenas. Digámolo xa con claridade: esas orquestras pailarocas son un cancro cultural.

Saltou en Monforte non sei que chantaxe: fai tempo que todo deus sabe en Galicia que o mundiño das orquestras é un carajal de corrupción, pagos en negro e un reparto do negocio entre dous ou tres Padriños que recorda os usos da mafia siciliana… ou arousana.

A orquestra Panorama ou a París de Noia son á música galega o que Fadesa e Martinsa ao desfase da construción. Unha peste que corre de verbena en verbena, sementando a xeografía galega de pasodobres. Un espectáculo pailán con pretensións que mestura unha estada plaxiada ao Circo do Sol cunhas tipas en panos menores, un gay gracioso que nin canta nin baila e uns xogos de luces de cando se fixo a primeira sala de festas en Osebe. En galego falan o xustiño para anunciar un popurrí que pode empezar coa Rianxeira e rematar con Georgie Dann e o chiringuito.

Este monopolio do mal gusto é unha epidemia, e un escándalo que as comisións de festas recaden cada ano milleiros de cartos para pagar esta podremia, como diría Suso Vaamonde. Chegan coa prepotencia dos seus camións e arrasan en catro horas 20.000 euros dos veciños, recadados porta por porta. Aínda que non haxa diñeiro para a biblioteca infantil ou para unha canastra, ¡o importante é que veña a Panorama!

Pero esta desgraza ten fácil remedio: bastaría con que en cada festa de Galicia no canto de panoramas e combos dominicanos tocase Cremita.

Cremita, si, póñanse de pé con respecto cando escoiten este nome. Cremita, The LáKAZANS, Fogbound, Narf, Recover, Anfibia, Tichestein, A banda de Nash, Palito&Zahorí, Liga Gaiteira Galega… e así un cento de grupos galegos que non teñen camión de seis eixes nin starlets en bikini. Grupos que fan música, que aman a música e a cercanía do público: que comunican e emocionan sen necesidade de grandes luces e milleiros de watios. “O pequeno é fermoso”, decía Schumacher: as nacións pequenas e as pequenas orquestas, fronte á mafia da construcción e do cemento musical. Contra a podremia, Feito a man. Fronte as verbenas de chapapote, Cremita. ¡Poderemos!
Carrera, Valentín
Carrera, Valentín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES