¡Un 2006 en paz é posible!
Mato, Xesús - sábado, 07 de enero de 2006
¡Ditoso 2006!. ¡En paz e harmonía! Para crentes e non crentes. Como persoas humanas, que compartimos vida, temos dereito a vivir en paz, alegría e esperanza, base para unha felicidade estable. É un dereito a acadar por enriba das nosas crenzas, opcións políticas e situacións socio/económicas. Non se pode vivir en inseguridades, angurias e medos. Tampouco sen esperanza. Fomos chamados/as a colaborar. E facemos falla todos/as.
Vivimos nun mundo cheo de fermosas testemuñas de amor e entrega pero dominado por ruindades e contradiccións. Abonda con botar unha ollada ao acontecer cotiá. No mundo: guerra/matanzas Irak (pasada semana, un cento a sumar aos 35.000) Oriente Medio, fame/marxinación no Sur. No País: liortas e crispacións nos parlamentos, nas rúas, medios de comunicación
enleados con mentiras e insultos (incluída a Igrexa). Tamén o Nadal co seu alienante consumo fronte á pobreza e a sinxeleza de Belén.
Como base para a paz e a convivencia humanas son necesarias, sobre todo, a práctica da verdade e da xustiza, acadadas na reflexión, no diálogo, desde a liberdade e o respecto aos demais. Desde o amor. A mentira, a hipocrisía e o engano só producen destrucción, corrupción, fame, miseria, odios, vinganzas, morte. Temos moitas e graves, recentes e lamentábeis esperiencias que non debemos esquecer.¡Demasiadas escuridades, sombras!
Tamén abondan as luces e as estrelas. Brilan nas festas que vimos de celebrar (O Nadal do Enmanuel -Deus connosco- e a súa Epifanía). Son as grandes presencias de Deus na historia da Humanidade que se manifestan na Palabra de Deus e nos acontecementos de cada día. Deus segue encarnado na vida do mundo. Para os bautizados e todos os humanos, resoan as verbas de Xesús: Deus non fai dintincións de persoas, senon que acepta a quen lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa (Feitos, 10,34-38). Dinos que a salvación é para todos e todas. Por iso, todos/as estamos chamados/as a facer un exercicio de responsabilidade vivindo na verdade, na xustiza, no amor.
Vivir así implica morrer a toda acción inxusta, ao egoísmo, á mentira. Xesús fixose solidario de todos nós. Por iso, o noso bautismo leva ao compromiso firme de vivir en fidelidade a Deus que crea e quere persoas libres para traballar nos seus proxectos de encher o mundo de verdade, de xustiza, de unidade e irmandade. Deus está donde hai sinxeleza, acollida, sensibilidade
Cada día xorden novos camiños de presencias: na pluralidade e a multiculturalidade que rexeitamos pero que son o noso pan de cada día.
Seguiremos a abrir camiños e a dar razóns da nosa esperanza, nas vindeiras semanas. Temos a certeza/seguridade de que Deus ¡segue presente e activo neste noso mundo!

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora