Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin premendo F2

lunes, 25 de agosto de 2014
Nemesio Souto Mencheta estirou os brazos con forza e saíu do letargo no que estaba tombado no sofá. Sentou e abriu o ordenador portátil para navegar pola internet. Pero ao acendelo axiña caeu na conta de que algo pasaba. Non acendía como outras veces. E tanto, que non conseguía arrincar. Tan só lle daba a mensaxe de que premera F2. Nemesio Souto obedecía, pero nin por esas; o ordenador apagaba e acendía, apagaba e acendía.

Nemesio Souto Mencheta soubo ao momento que ese fallo debíase ao maltrato con que o recompensaba. Adoitaba collelo de calquera maneira e lanzalo ao outro sofá sen miramentos. Soubo axiña que tivo que haber un momento no que o disco duro diría basta e aí rematou o seu uso. É igual, Nemesio Souto Mencheta non se preocupou moito polo seu portátil porque axiña acendeu a televisión e xa tiña en que matar de novo o tempo. O caso era vivir na nugalla.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania