Os do non
Editorial - jueves, 05 de enero de 2006
En política, como en todo, a risa vai por barrios. Así reza o vello refrán que presenta diversas articulacións, e ven significar que pouco a pouco vainos tocando a todos disfrutar ou sufrir, e o que hoxe nos afecta a nós pode mañán afectar ós nosos contrarios.
Durante moito tempo, os políticos membros do BNG recibiron o calificativo de Os do non, especialmente por parte das forzas políticas non nacionalistas, pero non en exclusivas, por aquello de opoñerse a practicamente todo.
Está moi ben, ou alomenos estívoo no momento en que todo se estaba perfilandoe consolidando, unha oposición dura e combativa coma a do Bloque Nacionalista Galego, que se opoñía frontalmente ás decisións dos órganos de goberno, por entender que a postura contraria distinguíaos, situábaos axeitadamente, e contribuía a facer país esmo pola pura diverxencia.
Non é, por certo, este Bloque de hoxe o Bloque que coñecimos hai vinte anos, porque tampouco esta Galicia ten nada que ver con aquela. O Bloque que se opoñía frontalmente á autopista Coruña-Santiago por considerala unha navallada á nosa terra deu paso a outro grupo político que hoxe ten o encargo de co-gobernar Galicia.
E agora, desde o Goberno, Anxo Quintana que sofre o envite de Camilo Nogueira e os seus- para demostrar que non todo son meles, califica como os do non, ó Partido Popular, convertido en oposición despois de década e media de goberno en solitario.
Eso quere dicir que, onde as dan, tómanas, pero especialmente que facer oposición non é doado; máis, se non se está afeito, pero é bo para todos que todos pasen por esa situación.
Fai falla unha oposición constante, ás veces dura, para que o poder manteña unha liña clara e firme; fai falla dicir non ás veces, pero tamén ás veces dicir si ou quizais pode ser rendible para todos.
A frase é so un achádego oportuno para o xogo verbal que facilita a política. Pero hai moitos xeitos de facer oposición aparte da pura negativa. Todos eles, moi difíciles. E con eso non dicimos que o PP mereza este calificativo.
En política, afirmase que "queima" moito o feito de gobernar; pero o que de verdade queima é o paso pola oposición.
Por iso -e rematamos co refraneiro por partida doble-, case sempre "a cousa está que arde", pero sen que "o sangue chegue ó río".

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora