Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“A beleza feriume para sempre” (8)

viernes, 22 de agosto de 2014
DÍAZ CASTRO MERGULLADO NOS CLÁSICOS LATINOS

Outra característica dos poetas formados no Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo é que beben nos clásicos latinos e gregos cos que se puxeron en contacto nas clases de Latín. Isto débese ós bos profesores de Humanidades que había no Seminario mindoniense entre os que cómpre salientar a dous latinistas: Xosé María Chao García e Francisco Fanego Losada.

Todo isto pode verse polos títulos dos poemas en latín, polas citas dos autores latinos, pola imitación das formas poéticas latinas, e mesmo, moitos destes poetas traducen ós clásicos latinos. Así Francisco Fernández del Riego di que o noso poeta, Díaz Castro, ten unha raizame clásica.

Na poesía de Xosé María Díaz Castro, aparte da inclusión de frases latinas nos seus poemas, que poden verse nos titulados “Coma un anxo airado” e “O berro das pedras”, o poema titulado “Penélope” é un bo exemplo. Neste fermoso poema –un dos máis coñecidos do autor dos Vilares- recrea un vello mito grego co que denuncia a pasividade que hai na nosa terra.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se erperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES