Portas abertas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 21 de agosto de 2014
Cando eu era nena teño oído que a porta aberta, gardaba a casa. Hoxe en día non se sabe moi ben como hai que facer para gardala porque onde menos se pensa, salta a lebre.
Ben, pois a min gústanme moito as portas abertas. Eso de poder entrar e saír cando queres, dá sensación de liberdade, de apertura, de confianza...
Por eso amo con todalas miñas forzas á nai natureza porque:
-Sempre ten as portas abertas.
-Sempre está aí para recibirte e ofrecerse para que o xénero humano, disfrute e paladee os mellores dos seus froitos, dándonos:
Osíxeno para os pulmóns; beleza para a vista, suaves aromas para o olfato; todo tipo de seres para comprobar cales son suaves, cales ásperos, cales duros, cales brandos
. Suaves melodías para o oído; sabrosos froitos para o padal; sol para que a pel sinta una sensación térmica agradable; vitaminas para o organismo
-¡Todo un luxo! ¿Non si?
¡Canto nos ensina de portas abertas a nosa naiciña!
¡Canto ben nos ofrece a creación enteira!
¡Canto di do seu Creador para os que nos sentimos crentes!
¡Canto dá que pensar para os amantes da investigación!
¡Canto inspira ós artistas!
¡Canto..! ¡Canto..!
¡Canto..!
A min gústame moito falar con persoas de portas abertas coas que podo comunicar sinceramente sobre temas que enriquecen a ambas.
¡E tan pracenteiro!
¡Tan relaxante..!
¡Tan enriquecedor!
¡Hai tanta riqueza en compartir!
E cando falo de compartir non me refiro só a cousas materiais aínda que estas tamén se agradecen- refírome sobre todo a bens espirituais que enchen a alma de sabedoría e de paz.
Todos temos moitas cousas para compartir abrindo as portas do noso corazón: un sorriso, unha palabra adecuada no momento oportuno, una mirada tenra, una aperta, una felicitación, un saber estar, un saber escoitar cando o interlocutor necesita falar,un apretón de mans, una conversa edificante
Etc, etc.
Se o considera oportuno pode dar un repaso a experiencias persoais deste tipo e continuar vostede a lista. Seguro que ten moitas experiencias positivas que engadir
¿Qué lle parecería a vostede se os humanos puidéramos ter as portas abertas como fai a nai natureza?
A min non me resulta doado. Non me resulta tarefa fácil incluso me parece imposible en moitas ocasións- nun mundo onde todos pensamos diferente e onde todos cremos estar en posesión da verdade, onde cada persoa ten a súa etiqueta persoal e intransferible.
¿A vostede pásalle algo semellante?
Cando vou polo camiño da vida
non acerto a ver canto se pode esconder dentro de mente e do corazón humano.
A veces penso que cada persoa ademais de ser un mundo, é tamén un misterio que eu non alcanzo a descifrar
¡Somos tan diferentes e fillos de tantos pais..!
Contando con infinidade de obstáculos que vencer, penso que debemos intentalo porque no fondo do corazón humano seguro que hai moita bondade por descubrir.
Se a natureza nos abre as portas, nós podémolo intentar porque tamén somos parte dela mesma.
¿Vostede que opina?
¿Existe esa posibilidade?
¿Onde está o límite?
Moito me gustaría saber o seu parecer, pero como non podo; voulle confesar que eu a veces teño moi difícil saber como actuar coa prudencia necesaria en cada momento.
A veces arrepíntome do que digo e logo paréceme que estaba mellor coa boca pechada, pero outras sinto a necesidadede dicir o que sinto naquel intre e arríscome.
¡Quen puidera acertar a actuar como corresponde en cada momento!
Con todo penso que moitas persoas viven:
-Con necesidade de comunicación e seguramente teñen algo interesante que decirnos.
-Con necesidade de que as escoitemos porque son moi sabias, ou porque están sobrecargadas ou por motivos varios.
-Con necesidade de que lles abramos a portas do noso corazón aínda que non poidamos telas tan abertas como fai a nai natureza.
Pero podémolo intentar.
¿Qué lle parece?
Algunhas persoas danme probas de que esa apertura é posible, por eso quero titular o seguinte artigo:
MENSAXES QUE IMPACTAN
Graciñas por terme na súa consideración, nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora