Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Idiomas

jueves, 21 de agosto de 2014
O estudo de idiomas está de actualidade, por activa ou por pasiva. Pola necesidade de estudialos para saír ao exterior, ou pola escasa afección que temos para mergullarnos en idiomas, nun estudio que ata non hai moito tempo era considerado algo de menor importancia, algo verdadeiramente prescindible.

Aos estudiantes do meu tempo non nos daban opción a escoller idioma, e ademáis do castelán estudiábase o francés, durante un curso de maxisterio. E punto.

Nada de galego, que era un tema no que nin siquiera se pensaba, e o idioma propio estaba prácticamente proscrito no ensino, e nada de inglés, que é o que agora se leva.

Poderíase pensar que o estudio do francés era polo preto que nos quedaba Francia, cunha longa fronteira en común, aínda que totalmente impermeable. Pero non debía ser esa razón, xa que se así fose todos os galegos estudiaríamos portugués por cercanía xeográfica aparte dos vencellos comúns que a historia e a vida foran establecemento.

Seguro que daquela o inglés non estaba tan ben “posicionado” no mundo, porque aínda os americanos non conquistaran totalmente occidente, ou que algo habería en contra da dominación anglófona, pero seguro que o estudio do francés non era porque o veciño país recibira unha avalancha de españois ao final da guerra incivil.

En Vilalba estudamos francés, só un par de cursos, pero Daniel Ferreiro debía ser bo como profesor- daba media ducia de asignaturas, entrelas o francés- para que eu conseguira en Maxisterio unha das escasas calificacións sobresaíntes –dúas en total- na carreira.

Pouco me quedou do coñecemento do idioma, cando nun non lonxano viaxe a París pretendín facer valer o meu dominio e descubrín que unha cousa era a teoría e outra limitar a miña expresión verbal no idioma veciño só para poder pedir tortilla, queixo e auga. Decidín non volver a presumir de coñecer o idioma francés.

Entendo que este comentario non pode entenderse como presunción, senón como declaración de carencia e testemuña de que o estudo de idiomas é imprescindible para este país, e para este tempo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES