Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bóveda

miércoles, 04 de enero de 2006
Tecleando "Bóveda" na nosa memoria colectiva (influencia da informática), aparecerán dous coceptos básicos para os galegos: Un, o monumento romano único no seu xénero, sito en Santalla de Bóveda de Lugo, no que os especialistas non se poñen de acordo máis que en dicir que é senlleiro e grandioso; outro, Bóveda, Alexandre, monumento humano da nosa historia social.

Alexandre Bóveda foi un xigante, magnificado pola súa morte alevosa, autor da infraestructura económica do Estatuto do 36, ó que a voráxine daquel ano lle roubou a vida pero non a súa memoria.

Van cumprirse setenta anos -será en agosto- da súa morte na pontevedresa Caeira, despois dun xuizo sumarísimo no que se lle condenou por traición á Patria, a el que -dentro da legalidade vixente- traballou pacificamente por unha Patria máis pequena que se chamaba Galicia.

O deputado Paco Rodríguez ven de pedir oficialmente a anulación do xuizo a Alexandre Bóveda; que se anule de xeito legal o que foi nulo de pleno dereito e leva medio século anulado pola nosa sociedade.

É un puro formulismo, como o logrado hai pouco de que o Concello de Lugo restituise o bo creto do que fora o seu secretario, Lois Peña Novo, destituído no 36 e rehabilitado neste século, pero eses formulismos son vitais para os que foron no seu día damnificados pola razón da forza.

Setenta anos despois séguese a falar de reconciliación, pero para que haxa reconciliación ten que haber antes xustiza. E deben, os condeados inocentes, ser rehabilitados. E deben, os cadáveres soterrados ignominiosamente en lugares descoñecidos, ser recuperados polos seus familiares. Deben, en fin, volver -no posible- as cousas ó seu. Despois, sí pode e debe haber reconciliación.

Pode e debe haber reconciliación porque nin esta sociedade ten que ver coa de 1936 nin quedan vivos actores daquel drama tan tremendo.

Os que quedamos somos fillos e netos, inocentes de calquera desmán, alleos a aquela loita fratricida, con ideas iguais ou contrapostas ás dos nosos devanceiros, que conformamos un mundo diferente no económico, no social, no ideolóxico, no laboral... Nada de hoxe corresponde con aquel terrible verán no que o mundo toleou.

Bóveda, como tantos outros, é inocente. Recoñecer esa inocencia, rehabilitalo -a el e a todos os que coma el sufriron inxustamente- é de xustiza, e debe ser Lei.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES