Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha foto que manca

lunes, 18 de agosto de 2014
O home da barba negra leva sobre a súa cabeza unha gorra coa viseira para atrás. Viste unha camiseta de cor azul. Coa súa man esquerda tira dunha camiseta branca que leva un negro coa cabeza rapada. O home da barba negra ten na súa man dereita unha pistola negra que se apoia na sen do home negro. Este ten os ollos medio pechos e o medo reflíctese en toda a súa cara. A ollada do home da barba é fera e fría. Ten a boca medio aberta e a punta da lingua que sobresae dela.

Á dereita da foto, un militar ten ó home negro collido polo cinto do pantalón, quizais para que non fuxa. Ao fondo vense máis soldados e unha columna de fume brotando dunha casa de Trípoli, en Libia. Unha guerra máis nun mundo cheo de bos e malos. Nesta foto, o auténtico obxecto malo é a pistola. A foto manca.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES