Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En mala O.R.A.

jueves, 14 de agosto de 2014
Pois si, señor alcalde, si. En mala O.R.A. se me deu a min por cumprir co deber de cidadán.

Voullo explicar. Non tanto para reconforto seu, canto en solidariedade con tódolos demais que, segundo me informaron os operarios do servizo, facendo coma min -é dicir, cumpriren cos seus deberes de urbanidade, aboando a O.R.A. e estacionando nun lugar con sinalización deficiente- tamén teñen visto ultraxados os seus dereitos cívicos e roubados os seus petos con absoluta impunidade institucional.

Pasaban algo das nove da mañá cando a bordo do meu vehículo encarei a Avenida da Habana procurando un espazo libre para poder estacionar.

Fitando cara a beirarrúa dereita, ollei con absoluta visibilidade un grande sinal cadrado en posición perpendicular respecto da miña marcha, que me informaba de que entraba en "área de aparcamento regulado e controlado" e me dicía que debía recoller o "ticket" no expendedor correspondente, que, dito de paso, estaba uns 50 metros máis abaixo. Xusto a carón dese sinal, un espazo libre entre un alcorque con árbore ornamental e un coche convidoume a manobrar, xa que logo, o edificio ó que me dirixía estaba moi preto do lugar. Estacionei, saín do vehículo, baixei ata o expendedor e introducín un euro que me daba licencia para permanecer alí ata as 11 horas 48 minutos, tempo suficiente para realizar as dilixencias que me levaran a aquel lugar.

Alá polas 11 e 20, cando aínda gozaba de media hora de marxe, fun retirar o coche e ó chegar ó lugar o único que estaba era o lugar, ocupado xa por outro vehículo, sen que mediase a máis mínima referencia a que algo máis de dúas horas antes alí depositara eu a miña propiedade. Entrei na cafetería de enfronte e os propietarios informáronme de que a grúa municipal retirara de alí o vehículo porque aquilo era -seica- espazo reservado para carga e descarga.

Saín fóra e a carón da árbore ornamental, completamente invisible para calquera conductor dende a perspectiva do asento de manobrar, e aínda máis, en posición perpendicular respecto do grande sinal da O.R.A., un sinal vermello e redondo (con información contradictoria) indicaba ás agachadas a prohibición de estacionar, "agás carga e descarga".

En resumo, señor alcalde: Un favor debido á persoa que me levou a Seixalvo, 82,50 euros menos no meu peto, toda a mañá perdida pola súa culpa, presenciar a incompetencia de dous indocumentados policías municipais (un terceiro obrou en conciencia), e un cabreo monumental que tristemente sufriron dous pacientes operarios do servizo, por non estar vostede -ou o responsable de tráfico- diante.

Señor alcalde, regular non é sinónimo de recadar e moito menos de atracar, que é o que vergonzosamente vostede fai cando permite a ocultación deliberada dos sinais prohibitivos entre árbores ornamentais.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES