Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Helen Keller e Anne Sullivan

miércoles, 13 de agosto de 2014
Levaba un tempo documentándome sobre a reformulación de ilímites cando a partir da reflexión dunha amiga empecei a documentarme coa súa axuda sobre a xordo – cegueira. Entón, descubrimos todo un mundo onde a loita por comunicarse co entorno frutifica na necesidade de vincularse ao propio contexto. A primeira reflexión que xurde é que o ser humano nace para vivir en sociedade e o establecemento de relacións resulta imprescindible para unha vida plena. Como a necesidade de comunicar vai impresa no noso propio ser, a persoa buscará transmitir por todos os medios ao seu alcance aínda cando estes resulten nocivos e incluso violentos, algo comprensible cando adquirir unha noción mínima da realidade resulta un reto case imposible.

Anne Sullivan foi chamada sobre finais da década dos 80 do século XIX para acometer a educación de Helen Keller, unha nena xordo – cega filla dun membro da aristocracia americana. Parte das súas andanzas podémolas ver nunha longametraxe titulada “El milagro de Anne Sullivan” mais nesta película non nos imaxinaremos o alcance real que tivo este milagre. Helen chegou a estudar aínda que isto non foi o legado máis importante que nos deixou, xa que se converteu nunha prolífica escritora sendo, ao mesmo tempo, unha activista social a prol dos dereitos dos máis desfavorecidos, asumindo unha misión vital que deixa un fondo legado moral a seguir.

A loita de Helen parte do silencio e da escuridade dun mundo que non esperaba nada dela. Un mundo que a destinaba á súa marxe de reclusión e a non ser máis que un corpo vivo encerrado en si mesmo. Por sorte para Helen e para o mundo, chegou alguén que creu na potencialidade que outros non souberon ou non quixeron ver, quizais era máis cómodo vencerse que loitar pero cando chega alguén que loita por un nace a obriga moral de incorporarse a esa loita unha vez adquiridas as competencias básicas nun esforzo titánico de Anne e de Helen contra a realidade física e social. Isto explica que Helen dedicara a súa vida á loita polas minorías e contra a desigualdade, o activismo de Helen é un revulsivo contra o gume desa navalla do politicamente correcto que nos incita, cando non nos obriga, a aceptar o debuxo dunha realidade social mastigada e, por suposto, estandarizada en estúpidos canons que deixan á marxe as historias máis sorprendentes. Esta é a mesma realidade que cando acolle ditas historias magnifícaas ata desvirtualas. Por iso, temos que quedarnos con que Helen foi unha muller que viviu, palpou a realidade, amou nela, construíu nela e retratouna en palabras que nos acompañan para sempre e temos que saber máis unha vez que quedarnos no límite é limitar unha vida que garda mil maneiras de ser no interior de cada persoa.

Ninguén ten a suficiente experiencia ou sabedoría para declarar inútil a outro ser humano. Entón, o que nos queda é unirnos na loita porque cada persoa acade no seu mellor potencial a propia autorrealización persoal.

En Helen Keller e Anne Sullivan descubrimos que a evolución intelectual sempre é posible e sempre vale a pena ser partícipe do desenvolvemento dunha persoa porque nel gárdase o verdadeiro sentido da vida, o que construímos e facemos nós e o que nos fai autenticamente humanos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES