Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Evanescente coma o gas

martes, 03 de enero de 2006
Vivimos nun estado moderno, integrado na U.E., que proporciona ós seus cidadáns unha serie de servicios básicos, a precios relativamente asequibles, garantindo unha permanencia e tranquilidade, de xeito que -aparte as naturais subidas- non haxa cambios bruscos na situación de comodidade e disfrute tranquilo dunha alta calidade de vida.

Así transcorren os días, incertos en moitas cuestións, pero aparentemente certos en canto a servicios básicos, a condicións mínimas para a nosa vida cotián.

E, de repente, algo ocorre en Rusia, e recibimos un serio toque de atención. O mesmo que esa teoría de que unha bolboreta que bate as ás no sur de Asia pode orixinar unha tormenta en Centroamérica, así unha decisión política a milleiros de kilómetros de distancia pode orixinar o noso desacougo.

Rusia subministra a Europa enerxía en forma de gas, precisamente a través de Armenia. E como Armenia ten problemas con Rusia, o mesmo paso deste gas enerxético polo seu territorio está ou estivo en perigo, co conseguinte susto en Hungría, Austria, Eslovaquia, Polonia, Alemania... Deste último país chegou a Moscú a advertencia de que os problemas no subministro de gas poñen en perigo as relaciós coa U.E.

En España, polo de agora, ningún problema, porque o subministro de gas faise, de xeito especial, desde Alxeria. E tamén dos Emiratos Árabes, e de outros países relativamente estables interna e externamente.

Por agora libramos, pero así, de repente, a primeiros de ano, recibimos unha advertencia sobre o que pode pasar en calquera momento, de forma directa ou indirecta, con razóns reais ou como presión.

As nosas calefaccións, a nosa industria, o noso benestar... depende dos subministros enerxéticos; especialmente do gas. Polo tanto, o noso benestar -aparentemente estable- ven ser, demostrado está, tan evanescente como o gas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES