Un mundo insensible
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 11 de agosto de 2014
Racha o espello tras o golpeo dunhas palabras de fame que se dixeron dende o corno de África. Fame pola riqueza, pola fartura de Occidente. En cada cachiño hai un reflexo mirrado e uns ollos nos que se le tanta miseria que asustan. Voa a miña ansiedade por enriba da sabana e deixo que unha bágoa detrás doutra lágrima pinguen nunha lagoa seca na que morderei o silencio para non berrar na inmensidade da nada.
Hai dor na incomprensión dun mundo indolente, insensible ante a calamidade dos demais. Despois, máis alá do ruído, queda o lamento que non se evitou, porque o transcorrer do tempo é coma un pasado que se pecha cun cadeado para que o remordemento non o consiga abrir. Cada mundo que aguante o seu vivir.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora