Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción Popular na Parroquia do S. Cristovo da Cervela (II)

lunes, 02 de enero de 2006
2.2.- A DANZA DOS ARCOS
Fora da igrexa hai catro danzaríns, que agardan a saída da procesión, para empezar a danza. Levan posto camisas brancas, pantalóns negros con franxas roxas na súa parte inferior, mantillas floreadas sobre os ombros, sombreiros enfeitados con colonias e uns arquiños adornados con cintas de diversos cores.
Os seus nomes son.
Xavier López Rodríguez, Clemente López Leizao, Xosé Manuel López Rodríguez e Manuel Torres Díaz. Case todos levan danzando uns seis anos baixo a coordinación de Manuel López González, que foi danzante durante uns trinta anos. Outros promotores desta danza foron Xosé Rodríguez, Clemente López Loureiro etc.
O ritual da danza celébrase inicialmente coa procesión detida e logo en movemento. No ritual lévanse a cabo unha serie de cerimonias.
1ª- "As Venias" á Virxe do Rosario, que se fan en parellas e os catro xuntos, dúas e tres veces cara adiante e outras tantas cara atrás. Isto faise tamén cos arquiños xuntos de dous en dous.
2ª.- "As Volteretas ou Corros", que teñen lugar ó redor da Virxe.
3ª.- Fan unha "media volta" ó redor da Virxe, tres veces.
4ª.- "Os Repasos", que se dan a toda a procesión dun xeito normal, é dicir, dous danzantes por cada lado, cruzándose despois de cada imaxe tanto ó baixar como ó subir. Tamén fan o repaso os catro en fila de a un cos arquiños xunguidos. Estes repasos rematan sempre diante da Virxe do Rosario ó redor da cal sempre dan unha voltereta.
5ª.- Case ó rematar a primeira parte os danzantes bailan un punto de muiñeira ata chegar o primeiro santo.
Na segunda parte, cando a procesión se pon en movemento, repítense as mesmas cerimonias variando unicamente o nivel cuantitativo das mesmas.
"Ó son da muiñeira os chavales empezan a bailar e facer unhas ceremonias a Virgen. Primeiro fan unha de dous en dous. Fan a primeira ceremonia, pasan por detrás de la Virgen e cruzanse, o que iba pola dereita ben pola izquierda e o que iba pola izquierda ben pola dereita. Os segundos fan o mismo, van de dous en dous, son cuatro. E logo fan dúas adiante e dúas atrás, de dous. Logo tres adiante e tres atrás, de dous.
E logo xa se xuntan os catro e fan tres adiante e tres atrás.
Logo empezan a facer a voltereta, forman un corro diante da Virxen. Acto seguido xuntan os arquillos de a dous e volven a empezar cas mismas ceremonias, primeiro unha, logo duas, despois tres e fan outra volta desas. Despois fan unha media vuelta, tres veces. Logo volven facer outra voltereta. Logo fan o repaso que se chama, diante da Virxe. Logo outra voltereta. Despois poñense de dous en dous e fan o repaso a toda a procesión. Empezan a camiñar un por cada lado, en cada santo cruzanse, ó baixar e ó subir e ó chegar diante da Virxen do Rosario que e donde terminan sempre as funcións fan outra voltereta. Logo empezan outra ceremonia cos arquillos enganchados en fila de a un, os cuatro, e van facer outro repaso arredor da procesión e ó chegar a xunto da Virxen, volven facer outra voltereta. E logo xa dan media volta e bailan un punto de muiñeira por aqui abaixo hasta chegar donde está o primeiro santo. Termina a primeira parte. A procesión sigue, ven dar a volta o cruceiro e sigue. Eles esperan ahí outra vez e ó subir volven a empezar as mismas ceremonias, pero ahora a procesión xa non está parada, polo cal fan as ceremonias que lles quepan nese traiecto. (26)
Antano había seis danzantes e un personaxe, ó que algúns lle chamaban "o Bruxo", "Pomponiges" e outros "Felo". Levaba posta unha careta de trazos sinistros, e portaba unha escornacabra -arbusto de madeira dura o que lle saen as flores en forma de racimos-. Este personaxe -segundo Víctor López Villarabid- tiña como función repartir lategazos a modo de los cigarróns y peliqueiros de Laza. Antigamente, la actuación del "Pomponiges" y sus lategazos a otros danzarines fueron motivo, en más de una ocasión, que la procesión terminase en verdadera reyerta; otras veces, el desquite se producía al final de la ceremonia. (27)
Outra interpretación sobre a función que tiña este personaxe era a seguinte: o devandito personaxe ía diante dos danzantes afastando a todas aquelas persoas que puidesen impedir, por falta do espacio, que os danzaríns bailasen ó redor das imaxes que saían na procesión. Nesta segunda interpretación podemos apreciar certo paralelismo coa función que tiña "O Meco ou Felo", no santuario da Ermida (Queiroga). (28)
A orixe da danza é incerto e hipotético. De tódolos xeitos sabemos con seguridade que a devandita danza xa existía en Galicia a mediados do século XVI, como nolo recorda Pérez Constanti ó facerse eco dos seguintes acordos consistoriais do ano 1565.
"Que los oficios e cofradías e mayordomos dellas para la procesión y regocijo de Corpus, agan cada uno de ellos las danzas que hicieron el año pasado, y ansy les repartieron a cada uno de dichos oficios lo que abia de hazer en la manera siguiente:.....a los sastres, su dança de espadas con que ellas bayan muy bien aderesçadas.....y al oficio de Sto. Thomé que son pedreros y carpinteros, lleven una dança de arcos muy bien hecha....." (29)
Por outra banda existe algunha referencia bibliográfica e tamén arqueolóxica que me leva a establecer a hipótese de que esta danza puidese ser orixinaria dos primeiros séculos medievais e mesmo antes. Así en 1790 D.Gaspar Melchor de Jovellanos tratando na súa memoria sobre os espectáculos das romaxes, pensaba "que debían de haberse creado por la mayor parte en la primera época medieval, y que las danzas que en ellas se hacen debían de haberse ideado también por entonces...." (30)
Con respecto á referencia arqueolóxica hai que ter en conta a opinión que nos dá M. R. Pombo, que tenta dar unha orixe pagán a devandita danza, logo cristianizada, ó relacionar ó danzante pétreo que hai nun baixo relevo do monumento romano de Sta. Eulalia de Bóveda (Lugo) cos danzaríns da Cervela..
"Los danzarines de Cervela portan arcos engalanados por multitud de pequeños trozos (tiras) de colores, y es aquí la cierta similitud con el danzarín pétreo que existe en un bajo relieve del monumento romano de Sta. Eulalia de Bóveda (Lugo), puede ser cierto que nada haya en común pero también nos cabe la posibilidad de que estemos ante unas claras reminiscencias folklóricas de origen pagano, que, con el decorrer de los tiempos fueron adaptadas a las fiestas religioso-populares". (31)
Neste monumento romano hai outro relevo con cinco figuras danzantes que sosteñen guirlandas ou algo similar por riba das súas cabezas, que moi ben puideran ser arquiños, co que se segue mantendo a posibilidade da devandita relación.
" A ambos lados de la parte exterior del pórtico hay dos relieves con figuras danzantes (en grupo y aisladas) sosteniendo guirnaldas o algo similar por encima de la cabeza". (32)
Na actualidade esta danza é a única que fica na provincia de Lugo no seu xénero. Sen embargo non hai moitos anos había unha danza similar no santuario da Virxe de Guadalupe (S.Victorio-Saviñao) é tamén nunha parroquia do municipio de Bóveda, chamada Remosar. "....parece que también en Remosar, localidad del municipio de Bóveda, cercana a Cervela, se mantuvo durante años una tradición semejante". (33)
No santuario da Virxe de Guadalupe, inicialmente houbo catro parellas de danzantes, ficando logo en tres, que se adicaban a facer "as venias" a Virxe, a realizar "repasos" por toda a procesión e logo "volvoretas" ó redor da Virxe.
Levaban unhas castañolas, que era un instrumento músico de percusión composto de dúas pezas cóncavas de madeira, en forma de cuncha, ligadas cun cordel ós dedos que as fan bater unhas contra outras. A vestimenta era moi semellante á dos danzantes da Cervela, destacando unhas mantillas de diversos cores que levaban postas sobre os ombros.
Este ritual desapareceu hai uns vintecinco anos aproximadamente. Sen embargo no recordo dalgunhas persoas do lugar aínda fican os nomes dalgúns danzantes como, Manuel Gacio Carrasco, Jesús do Vallecas, Manuel López do Vallecas, Pablo do Rosende, Alfredo do Xaquín, etc…
No santuario da Virxe da Saúde, hai moitos anos había a "Danza dos Paos", que na actualidade está case esquecida. Nesta danza inicialmente participaban oito danzantes, que ían diante da procesión, catro a cada lado, facendo sonar entre eles os paos que levaban nas súas mans. Ó rematar a procesión colocábase no campo da festa unha alta pértega da que pendían cintas de distintos cores, cada unha das cales era collida por un danzante. Logo facíase a danza arredor da pértega entrelazando as cintas e bailando no sentido oposto para deixalas na súa posición orixinaria. Este ritual desapareceu nos anos corenta deste século.
De tódolos xeitos esta danza foi representada dunha maneira illada nalgún acto tradicional das festas de Chantada e o grupo "Luar na Lubre" grabouna nun disco, gracias a que o director do grupo de gaitas "Os Barrios", Graciano Argiz, coñecía aínda a súa música. (34)

2.3.- A FESTA PROFANA
Neste santuario séguese facendo a festa profana.
A festa nos santuarios abre a comunidade ó exterior por medio do baile e a comensalía cos parentes e amigos doutros lugares. Por medio da comensalía renóvanse as relacións non só entre amigos senón tamén entre as diferentes casas da familia. "Los centros parroquiales se convierten en punto de reunión de parroquias vecinas, con la colaboración de la íntima fiesta familiar de cada casa y de sus parientes extra-comunitarios". (35)
".......hai unha multitude de xente, maiormente mozos, que veñen o día da festa. Estes visitantes, mozos, veñen só pola tarde para bailar". (36)
Por outra banda tanto nas festas patronais como noutras asociadas a pequenos santuarios, aparte do elemento de comunicación co exterior, hai que ter en conta o elemento de cohesión da comunidade parroquial. A festa serve para manifestar a cohesión interna do lugar, sendo o santo a súa peza fundamental, ó ser o símbolo da comunidade.
"El santo preside formas sociales particulares, modos locales de convivencia, y reciprocidad, experiencias cotidianas de trabajo y ocio, vivencias acumuladas de crisis y sufrimiento.." (37)
A cohesión como grupo móstrase no intento de emular por medio da festa coas comunidades veciñas, de tal xeito que os outros núcleos de poboación poidan darse conta do esplendor, do luxo da festa, da súa grandeza, do número de músicos, das bombas empregadas, etc…
Finalmente a festa convértese nunha forma de liberación da sensibilidade, xa que é o momento no que se consinte a ruptura das normas e regras que presionan e reprimen
a conducta dos membros dunha comunidade. "La fiesta es siempre un rito de paso. Ella marca el paso de un año a otro, y para efectuar este paso, está siempre tentada de decretar
una inversión de las concepciones y de las conductas de la vida corriente de las que sale durante la fiesta para poder volver a entrar renovado y cambiado". (38)

NOTAS
26. Informante da Cervela, chamado Manuel López González que é o que dirixe na actualidade a importante "Danza dos Arcos".
27. LÓPEZ VILLARABID, Víctor. Artigoo do diario "El Progreso", xa citado.
28. BLANCO PRADO, José Manuel e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel.- "La devoción popular en el Santuario de La Hermida
(Queiroga)", Lucus, Boletín Informativo de la Excma. Diputación de Lugo, Nº 42, p. 36.
29. PEREZ CONSTANTI, Pablo.- "Notas viejas galicianas", Santiago, 1926, T.II.
FRAGUAS, Antonio.- Palabra "Danza", G. Enciclopedia Gallega, Santiago, 1974, T.8, p. 224.
30. CARO BAROJA, Julio.- "El estío festivo", Fiestas populares del verano, Taurus, Madrid, 1984, p. 108.
31. R.POMBO, M.- Leyendas."Un baile ritual en honor a Sta. Lucía", Suplemento de la Revista Lucus nº 42, 1994, p. 55.
32. ARIAS VILA, Felipe.- Palabra "Sta. Eulalia de Bóveda", G. Enciclopedia Gallega,T.4, p.38.
33. LÓPEZ VILLARABID, Víctor.- Artigo do diario "EL PROGRESO", xa citado.
34. RODRÍGUEZ PORTO. "La Romería da Saúde". Artigo diario "El Progreso". 5-9-89.
35. FERNÁNDEZ DE ROTA, J.A.- Antropología de un viejo paisaje gallego, Centro de Investigaciones Sociológicas, Ed. S. XXI, Madrid, 1984, p. 259.
36. MANDIANES CASTRO, M.- "Antropología dunha parroquia galega", LOURESES, Galaxia, Vigo, 1984, p. 120.
37. LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Antropología social y hermeneutica, Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1983, p. 60.
38. PITT RIVERS, Julián.- "L'identité locale vue à travers la fête", Coloquio Hispano-Francés, Culturas Populares, Diferencia, Divergencias, Conflictos, Universidad Complutense, Madrid, 1986, p. 19.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania