Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boas e malas persoas

jueves, 07 de agosto de 2014
Loxicamente, este complexo universo vital no que habitamos non sería tan complexo se non tivese infinidade de fórmulas e conceptos verbo dos cales se pode dividir a humanidade máis diversa e mesmo a aldea máis pequena que un poida imaxinar, tomando sempre como referencia unha subdivisión dual.

Homes e mulleres, altos e baixos, rubios e morenos, brancos e negros, do norte ou do sur, de oriente ou de occidente, do Madrid ou do Barcelona... Incluso, no tocante ó patio nacional, xa o deixou ben escrito Machado: "Españolito que vienes al mundo te guarde Dios, una de las dos Españas ha de helarte el corazón..."

É dicir, sexa o aspecto que sexa, sempre haberá quen mire o obxecto do dereito e ó mesmo tempo sempre haberá tamén que o mire do revés. Velaí a salsa da vida, sen a cal isto sería demasiado soso de dixerir e especialmente aburrido. Famoso é aquilo do vaso medio cheo e o vaso medio baleiro e aquel que o vexa por vez primeira medio baleiro será moi difícil que algún día logre velo medio cheo... E ó revés.

Eu, sen embargo, no tocante ó encadre das persoas levo moito tempo convencido de que hai unha subdivisión que nos identifica por riba de tódalas demais e que, por cuestións que non veñen ó caso antóllaseme hoxe pertinente co fin de facer terapia de grupo e así non deixarme levar pola visceralidade, que algo do que sempre fixen abstracción obrigada para que o meu estado de ánimo respecto do lector -ou do posible lector- non me levase por renglóns enlamados nos que non me recoñecese eu mesmo cando me puxese desoutro lado dende o que agora me sigue vostede, benquerido lector.

Xa sei que o que vou escribir forma parte dun pensamento un pouco absolutista, porque tamén defendo con frecuencia a teoría da escala de grises. Pero aínda admitindo iso e que para todo hai niveis de calidade, boa e mala, no que respecta á cuestión das persoas, para min a humanidade divídese en dúas: As boas e as malas persoas.

E no saco das malas persoas meto eu a aquelas que non lle fan dano ós seus semellantes, non porque non queiran, senón simplemente porque non poden. Porque se puideran...

Onte contaronme algo dunha destas á que lle cabe tal cualificativo con grao sumo de mezquindade porque a maldade escenifícaa, ademais, contra quen sabe que está en posición de debilidade respecto da súa preeminencia posicional.

Arestora podería inserir aquí o seu nome e os seus apelidos e facer con eles o seu retrato para que vise o mal que dá tanta maldade xunta no fondo do espello. Pero non o vou facer, porque entón eu sería tal cal. E négome de plano a facerlle dano a alguén por máis que mereza iso e incluso máis.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES