Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Humildade, moderación e sencillez

jueves, 07 de agosto de 2014
¿Merece a pena falar de humildade, moderación e sencillez nun mundo cheo de soberbia, avaricia e corrupción incluídas?

Pois precisamete por eso penso que si, pero o que a min me fixo pensar nestes valores foi precisamente nas varias convesacións que escoito estes días entre un grupo de amistades, todas elas moi sensatas.

Escoito e observo como hai moitas persoas que viven estes valores como se dunha consagración se tratase. Son persoas que me encantan, persoas coas que me atopo moi pero que moi cómoda. Persoas que teñen os pés na terra, persoas que, como din elas: “cada cousa debe estar no seu lugar”.

A conversación naceu arredor da crise que soportamos neste momento histórico. Alguén dicía: “a ver se a crise pon as cousas no seu sitio…”
¿A que lle chamaba poñer as cousas no seu sitio?

Pois esta persoa dicía que había persoas que pedían un crédicto para facer unhas vacacións, para comprar un electrodoméstico e para otras cousas polo estilo. Persoas que tiñan os fumes subidos e non poñían os pés no chan. Persoas que vivían por encima das súas posibilidades. Como adoita a dicirse: “Estiraban o pé máis do que daba a manta”.

Tamén falaban de aproveitar, de non desperdiciar nada, especialmente a comida. Algunha falaba que cando traballaba nun restaurante en tempos de bonanza, observaba como se tiraban cantidade de alimentos que moitas veces pedía ela para levalos para a súa casa. E conste que na súa casa non se pasaba necesidade, pero era o feito de non ver como se tiraban ó lixo alimentos en perfectas condicións.

¿Qué é eso de tirar alimentos sabendo que tantas persoas morren de fame no mundo?
¿Vostede enténdeo?
¿A que vostede non tira nada?
Eu, sinceramente, confeso que non. Na miña cabeza non me cabe.

É certo que a veces criticamos ós que gobernan porque nos administran mal, pero tamén é ben certo que hai moitas cousas nas que nós mesmos favorecemos esas situación porque por activa ou por pasiva, somos cómplices.

Neste momento parece ser que hai quen leva algún recipiente cando vai de restaurante para recoller se sobra algo do que ten pagado. Aínda que noutros tempos podía parecer improcedente, hoxe en día hai persoas que o fan sen ningún tipo de reparo.
Incluso comentaban que nos estados Unidos de América, xa facían eso fai anos. (Claro, en E.E. U.U. , hai quen di que van diante en case todo)
Realmente son alimentos que están pagados…
¿De quen son?
¿Por qué tiralos?

Outra persoa dicía que o que si se levaba era a botella de viño de calidade, cando lle sobraba case media botella.
Estas actitudes noutros tempos eran impensables e incluso estaban mal vistas.
¿Qué está pasando agora en tempos de crise?
¿Estamos cambiando o modo de ve-la vida?
¿Foi necesario que chegara a crise para comprender según que cousas?

Teño que confesar que das persoas que falo, afortunadamente, non teñen crise de ningún tipo, pero son sensatas e saben adminstrarse con moderación, humildade e sencillez.
No tocante á roupa dicían outro tanto: vanse pasando a roupa duns a outros principalmente a da infancia que enseguida se pasa de talla.
¿Hai algo de malo neso?
Certamente penso que non. Hoxe en día a roupa non se dá gastado. ¿Por qué non aproveitala dunhas persoas para outras?

Xa sei que a moda impón ou trata de impoñe-los seus criteios de consumo; pero cada un debe saber goberna-la súa propia vida.
E no tocante ós libros de texto pasa outro tanto. Acaba un curso e ¿Qué se fai cos libros?
Pois moitas persoas pásanos duns para outros e aprovéitanos. Son cartos que se poden gardar para outras cousas porque: tamén se falaba do sablazo que nos deu o cambio de moeda. A vida encareceuse moitísimo e toca administrarse mellor.
¿Vostede non notou que coa chegada do euro a vida encareceuse moitísimo?
Se non se decatou é porque a súa economía é boiante. É a excepción que confirma a regra, porque as persoas que eu trato, coinciden todas en dicir que antes con cen pesetas facíase algo…Hoxe ¿Qué se fai cun euro que equivale a 166,386 pesetas?

Hai persoas que aínda seguen botando as contas en pesetas e –claro está- acaban botándose as mans á cabeza. Botar as contas en pesetas hoxe en día, non ten sentido ni vale de nada nestes tempos. A peseta pertence ó pasado. E o pasado, pasado está.
Agora toca bailar a son do euro e administralo o mellor que se poida; eso si, sen estirar o pé máis do que dea a manta.
Botar contas non é cousa só de mercaderes, hoxe en día temos que botar contas todos ou case todos os cidadáns de a pé.
¿Parécelle raro esto?
¿Vostede prefire non botar contas?
O importante é que a remate de mes lle cadren as contas. Vostede sabe como facelo.

Eu bótoas pola conta que me trae…porque se me descoido un pouco, enseguida me paso da raia.
Se ben é certo que pasamos uns tempos de bonanza que parecía que alguén estaba a punto de tocar o ceo cos pés, ou neso pensaban algúns; agora toca o tempo de poñer as cousas no seu sitio e os pés –como é de lóxica- están pensados para poñelos na terra e que sexa terra firme; non areas movedizas.
¿Enténdeme o que quero dicir?

Moderación, moderación e máis moderación é o que toca. Ademais de aconsellable é moi educativo. Coñezo familias que educan ós seus fillos na humildade, na moderación e na sencillez e dá gusto estar con elas porque para elas é do máis natural ser senillas, humildes e moderadas. Están convencidas de cómo son, do que fan e por que o fan.

E conste que lle estou falando de persoas de clase media-alta que non teñen necesidade de privarse de vivir dignamente. E viven ben pero con humildade, sencillez e moderación. Son persoas cos pés na terra. Persoas das que outros temos moito que aprender. Eso penso eu.

Gustaríame saber que pensa vostede desto, pero a min encántanme este tipo de persoas, síntome moi cómoda con elas.
¿Hai algo máis bonito que o natural, o humano o vivr sencillo de cada día?

Se o pensamos un pouco ¿de cantas cousas superficiais poderíamos desprendernos o común dos humanos?
E conste que non estou pensando nos ricos, eses déixoos a un lado. Refírome a clase media en xeral.
¡Cantas veces temos visto despilfarrar!
¿Qué se gaña con ese xeito de proceder?
Seguramente teremos que empezar a pensar en administrarnos con equidade, en ser sencillos e humildes, en consumir tan só o necesario e en vivir con naturalidade porque a natureza estase resentindo.
E non temos máis que unha.
¡Co bonito que é ve-la nosa naiciña ben coidada!
A natureza é casa de todos.
Danos o suficiente para que poidamos vivir dignamente sempre e cando saibamos administrarnos con humildade, moderación e sencillez.

Confiemos en recuperar o sentido común para construír un mundo no que todos vivamos comodamente sen despilfarros, sen avaricia, sen soberbia para non rematar autodestruíndonos a nós mesmos.

Por eso quero titular o próximo artigo:
“CONSTRUÍNDO O RELEVO XERACIONAL”
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES