Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción Popular na Parroquia do S. Cristovo da Cervela. O Incio (Lugo) (I)

lunes, 02 de enero de 2006
Devocin Popular na Parroquia do S. Cristovo da Cervela. O Incio (Lugo) (I) Devocin Popular na Parroquia do S. Cristovo da Cervela. O Incio (Lugo) (I) Consideracións sobre A Devoción Popular na Parroquia do S. Cristovo da Cervela, O Incio (Lugo)

Publicación: Boletín do Museo Provincial de Lugo. T.VII. Vol.2, 1995-96, páxs. 183-201.

Sobre o concepto de devoción popular hai moita confusión e ambigüidade. Así fálase do catolicismo popular, da relixión popular, da piedade popular, da fe popular, etc. Isto motiva que sexa difícil definir a relixiosidade do pobo, xa que é todo un mundo de sentimentos, ritos, manifestacións prácticas, etc… (1)
Sen embargo a relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten os seus rasgos especiais. Cada comunidade vive e manifesta a fe dun xeito propio. A relixiosidade popular vai ligada a elementos folclóricos e populares, que son manifestacións da identidade dun grupo humano.
"Unha religiosidad es popular cuando se configura con ese pueblo y expresa el sentir del mismo". (2)
É parte da cultura, dun modo de pensar e de vivir. Por elo para comprendela sexa conveniente ter en conta o pasado, o que na actualidade lle rodea, os rasgos do lugar, o estilo das persoas, como viviron o cristianismo, que é o que herdaron dos séculos pasados, que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou."Es popular lo que el pueblo crea. También, lo que recibe, asimila y hace propio". (3)
Polo tanto a relixión de cada grupo humano é unha colección viva de cantos, ritos, vivencias, que un pobo vai xuntando ó longo da súa historia.

I.- O SANTUARIO
Unha das manifestacións básicas da devoción popular encóntrase no santuario. Este é un lugar de culto, simbolizado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial, ó que acuden devotos pertencentes a distintas comunidades coa finalidade de pregar da imaxe sagrada a súa intercesión perante diversas peticións, entre as que sinalo: recuperar a saúde, ter un feliz parto, boas colleitas, curación das doenzas animais... ou cumprir unha serie de promesas á devandita imaxe, despois de que esta lles concedese as peticións solicitadas.
"Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva". (4)
Nos santuarios réndese culto á divindade representada por Cristo (Ecce-Homo) e unha serie de mediadores, como distintas advocacións da Virxe e diferentes imaxes de santos-a. Tamén se venera algunha reliquia dalgún santo.
"El santuario es un templo en el que se venera la imagen o una reliquia de la Divinidad, de la Virgen o de un santo de especial devoción". (5)
Os santuarios adquiriron unha devoción popular ó mostrarse as súas imaxes propiciatorias ante moitas rogativas.
"Un santuario se distingue por la devoción de la gente y no por una característica histórica o artística inherente al edificio o institución". (6)
"El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local". (7)
Os santuarios son espacios da divindade, que entrañan certo misterio.
"El santuario es un centro de la potencia divina, un mundo en si, por ello ni si elige ni se hace, se encuentra y se acepta como tal, porque se fundamenta en el misterio".(8)
Finalmente Xosé Antón Miguélez na análise que fai sobre os santuarios, distingue os seguintes elementos: "a vivencia do social vencellado a uns lugares e obxectos concretos; o predominio da emoción sobre a racionalidade; a cosmovisión estática e non histórica; o carácter popular pouco institucionalizado". (9)
Na devandita parroquia hai dous santuarios, adicados ó S.Roque e á Sta.Lucía.

1.- ANÁLISE DO SANTUARIO DO S. ROQUE
É un pequeno santuario local situado no lugar de Penelas que dista 17 km. da capital municipal. (10)
Desde o punto de vista artístico o santuario é unha capela cuberta a tres augas, que ten unha porta adintelada; espadana dun vano e o pavimento de laxes de pizarra. No seu interior unha imaxe do S.Roque, de 0,80. (11)
Ata fai uns cinco anos a festividade celebrábase o 16 de agosto. Viñan devotos non só da Cervela senón tamén doutras parroquias limítrofes, pertencentes os municipios do Incio, Sarria, Paradela, e Bóveda preferentemente.
Estes pregaban ó santo a súa intercesión ante unha serie de rogativas, entre as que sinalo: curar as doenzas dos animais -vacas, porcos...- recuperar a saúde, ter boas colleitas.. ou cumprían unha serie de ofrecementos ó santo logo de que éste lles concedese as peticións requiridas.
Os devotos levaban a cabo unha serie de ofrecementos, a saber.
A.- Oían a misa solemne da unha ou unha e media, concelebrada polo crego da parroquia e outros de parroquias limítrofes.
B.- Logo participaban na procesión, que presentaba a seguinte estructura en función dos elementos que interviñan nela.
a.- Cruz e Pendón do santuario.
b.- A imaxe do S.Roque, levada en andas por catro fregreses da parroquia.
c.- Cregos concelebrantes.
d.- Devotos en xeral, colocados sen distinción de idade e sexo.
A procesión ía ata unha fonte, chamada "o pozo", onde o crego da parroquia bendicía tódolos anos a súa auga, que era bebida e levada en botellas para as súas casas por bastantes devotos. A auga empregábase normalmente cunha finalidade profiláctica.
Tódolos que participaban no ritual da procesión ían cantando, no seu recorrido, unha serie de estrofas alusivas
ó santo, que comezaban da seguinte maneira. "Roque, santo peregrino, líbranos de peste y males.....".
A procesión ten como finalidade sacar ó exterior a imaxe sagrada, que santifica todo o espacio que recorre.
"Pero en otros muchos casos la procesión no se limita a circunvalar la ermita, sino que va hasta las encrucijadas, montes, ríos....hasta los lugares maléficos para santificarlos".(12)
C.- Algúns devotos pasaban os seus panos e outros obxectos pola imaxe do S.Roque. Estes no seu contacto coa imaxe quedaban santificados, utilizándose cunha finalidade protectora e curativa.
D.- Noutrora a maioría dos devotos levaban de ofrenda centeo e botábano por riba da imaxe do S.Roque, que estaba colocada no centro dunha colcha, coa finalidade de tentar cubríla co devandito cereal.
O cereal no seu contacto coa imaxe sagrada quedaba sacralizado. Por iso moitos devotos, despois de facer a ofrenda, levaban para as súas casas un pouco de centeo para botarllo os animais: galiñas, porcos ... cunha finalidade profiláctica e curativa.
".....los animales y los frutos del campo que adquieren el carácter de reliquias después de estar en contacto con lo sagrado. Una vez en casa santifican, es decir, previenen de todo mal, a los demás animales, y a los demás frutos...." (13)
Na actualidade non hai ningún culto na devandita capela, xa que hai uns cinco anos que está deslousada, sen que ninguén se preocupase ata momento por reparala.

2.- ANÁLISE DO SANTUARIO DA STA. LUCIA
Este santuario está situado no lugar de Airexe, que ten 18 habitantes e dista 15 km. da capital municipal. (14)
Desde o punto de vista artístico o santuario é unha igrexa parroquial, de estilo románico, cun pequeno recinto de adro-cemiterio. "Nave a dos aguas, cubierta de pizarra, sobre madera, atada con seis vigas tirantes. Muros laterales semirrevocadas de cal;....robusta cornisa decorada con cuadros entrelazados por sus ángulos.
Portada de arco de medio punto, con dos arquivoltas de baquetón, muy similares.
.....Impostas lisas, biseladas, sobre el muro. Tímpano con cruz patada....; jambas lisas, en arista.
Ábside más bajo y reducido que la nave, con laterales protegidos por contrafuertes, uno por lado. Un ventanal en la parte posterior, con arco de medio punto, de arquivolta tórica... Se apoya en columnas monolíticas.
El arco triunfal de medio punto, doblado y de arista viva.
La arquivolta exterior se apoya, a través de las impostas, en el muro. Semicolumnas adosadas soportan la arquivolta interior... Capiteles, el izquierdo con relieve de aves afrontadas y opuestas, capitel derecho, hojas de acanto y cuerdas intercaladas.
Pinturas murales en el interior del ábside, parecen posteriores a la época de la iglesia. En el lateral derecho se distinguen tres figuras humanas con sencillas coronas radiantes. Sacristía en el lateral norte. En el retablo, sen valor, Cristo, S.Cristobal, S.Roque, Virgen con Niño. Piezas del siglo XVII". (15)
Antano a festividade se celebraba o día propio adicado a Sta.Lucía, é dicir, o 13 do nadal. Sen embargo a frecuencia das chuvias e o feito de que os días eran moi curtos deslucía a festa de cara ó exterior. Isto motivou o seu cambio para o mes de agosto.
"Tradicionalmente estas fiestas se venían celebrando en la propia festividad de Sta. Lucía, es dicir, el 13 de diciembre. Pero, como dicen los vecinos más viejos del lugar, "si non chovía, nevaba, así que cambiámola para agosto". (16)
Na actualidade a festividade da Sta. Lucía se celebra o derradeiro domingo do mes de Agosto, acudindo devotos non só do municipio de Incio senón tamén doutros municipios próximos como Sarria, Bóveda, Paradela, Monforte e tamén da capital da provincia.
Os devotos pregan á santa a súa intercesión perante as doenzas da vista ou realizan unha serie de promesas á santa, despois de que ésta lles outorgase as peticións requiridas.

2.1.- AS PROMESAS
A unidade básica de relación entre a persoa e a imaxe sagrada para resolver unha serie de problemas é a promesa. Esta consiste normalmente nun contacto directo e sagrado, de forza moral, entre a persoa e Deus, por medio dunha serie de intermediarios ou mediadores como son as distintas advocacións da Virxe e os Santos.
" Pra chegar con mais seguridade a ese Deus, non sempre persoal, o galego bota man dos santos e da Virxen..." (17)
Por tanto a promesa á divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente no que as relacións humanas móvense normalmente en función do sentido da reciprocidade pragmática e na actuación dos intermediarios que teñen como finalidade acadar certas metas a cambio do diñeiro ou dunha posterior prestación cando chegue o momento oportuno.
" Cando o campesiño mercantiliza as súas relacións relixiosas... o que tenta é traducilas a unha dialéctica coñecida, que lle proporciona dúas vantaxes fundamentais:
a comprensión pragmática dunha interacción, de por si misteriosa, entre natural e sobrenatural, e unha certa seguridade ou dereito emanante da reciprocidade co intermediario" (18)
En ámbolos dous santuarios pódense distinguir tres modelos de interacción entre os devotos e a divindade, representada polo S.Roque e pola Sta.Lucía.
1º.- A promesa xeralmente é condicional, e dicir, primeiramente a divindade, por medio do santo ou santa, concede a petición ó devoto e logo éste executa a promesa; trátase dun cumprimento "a posteriori". A este tipo de promesa dáselle os nomes de "Ofrenda Condicionada" (19) e " Petición Condicional" (20)
2º.- Algúns devotos veñen a solicitar, suplicantes, a mediación do santo ou santa ante calquera problema, cumprindo unha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os distintos rituais e ofrendas que os devotos levan a cabo teñen lugar antes de que lles sexa concedida a petición.
Este tipo de promesa recibe tamén os nomes de "Ofrenda Propiciatoria" (21) e "Devoción Peticionaria"
3º.- Finalmente hai devotos que acoden tódolos anos por algunha rogativa concedida pola divindade noutrora. A este tipo de promesa dáselle tamén o nome de "Ofrenda de Acción de Gracias" (23)
Os devotos cumpren unha serie de promesas, a saber.
A.- Participan na novena, adicada á santa, que se celebra na igrexa parroquial uns días antes da súa festividade.
Entre os actos que se levan a cabo na novena distingo
os seguintes:
1.- Rezo do Sto. Rosario e celebración da Sta.Misa.
2.- Lectura dos salmos acerca da santa.
3.- Oracións para cada día e oracións xerais.
4.- Rogo do devoto á santa.
Para Rosendo Alvarez Gastón a celebración da novena presenta algúns elementos que convén distinguir:
"a.- Participa en ellas un número notable de fieles, superior al que asiste habitualmente a los normales culto parroquiales....
b.- Se despiertan sentimientos, recuerdos, vivencias religiosas arraigadas.
c.- Son una oportunidad para revitalizar el culto".(24)
B.- Oen a misa solemne da unha da tarde, que é concelebrada polo crego da parroquia e outros de parroquias limítrofes. Hai anos, ademais da misa solemne, celebrábanse outras tres ou catro no transcurso da mañá.
C.- Ofrecen unha esmola e un cirio.
D.- Tocan cos seus panos a imaxe da santa e logo pásanos polos ollos. Os panos no seu contacto coa imaxe quedan sacralizados, usándose cun obxectivo profiláctico e curativo.
E.- Ó rematar a misa solemne, chega unha comitiva formada por varias persoas de ámbolos sexos que, ataviadas ben con traxes rexionais ou con mantillas floreadas sobre os ombros, entran no interior da igrexa para sacar en procesión as imaxes do S.Antonio, do S.Roque, do S.Cristobal, da Sta.Lucía e da Virxe do Rosario, que están enfeitadas con espadanas, follas verdes e flores do lugar.
A procesión recorre o espacio situado a carón do adro e da a volta ó redor dunha cruz de ferro para volver ó seu lugar de orixe.
As imaxes, que saen na procesión, santifican todo o espacio que recorren. "...la imagen santa o la reliquia sacralizan no sólo a las personas y los animales, sino también a todo el entorno geográfico..." (25)

Nota.- EL mapa fue realizado por el delineante José Luís Mendaña Justo.

NOTAS
1. TOSCHI, P. "Guida allo studio delle tradizioni popolari. Serie di Antropología, etnología e religione", 5ª ed, Boringheri, Torino, 1974, p. 24.
2. D. BOROBIO. "Religiosidad popular en la renovación litúrgica; criterios para una valoración", Phase 89, Barcelona, 1975, p. 347.
3. ÂLVAREZ GASTÓN, Rosendo. "La religión del pueblo", Defensa de sus valores, B.A.C, Madrid, 1976, p. 36.
4. PRAT I CAROS, Joan. "Los Santuarios Marianos en Cataluña. Una aproximación desde la etnografía", Artículo del libro "La Religiosidad Popular. III. Hermandades, Romerías y Santuarios", Edt. Anthropos, Barcelona, 1989, p. 227.
5. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. "Las Romerías/ Peregrinaciones y sus símbolos, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1987, p. 13.
6. WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.- "De los Santos a María. Panorama de las devociones a santuarios españoles desde
el principio de la E.Media hasta nuestros días", En "Temas de Antropología española", Ed. de Carmelo Lisón Tolosana,
Edt. Akal, 1976, p. 86.
7. CEBRIÁN FRANCO, Juan José. "Santuarios de Galicia" (Diócesis de Santiago de Compostela), Edita Arzobispado de Santiago de Compostela, Santiago, 1982, p. 6.
8. GONZÁLEZ COUGIL, Ramiro. GALICIA. "La religiosidad gallega adecuada a una litúrgica inculturada", Vol. I, Diputación Provincial de Ourense, 1985 p. 53.
9. MIGUÉLEZ DÍAZ, Xosé Antón. "Relixiosidade popular galega. Aproximacións e chamadas", Estudios Mindonienses, Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo- El Ferrol, Centro de Estudios de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol y Publicaciones de Caixa Galicia, T.2, 1986, p. 248.
10. Palabra "PENELA". G. Enciclopedia Gallega, Santiago, 1974, T. 24, p. 157.
11. VALIÑA SAMPEDRO, Elías.- Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, T. II, 1975, p. 168.
12. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Obr. cit., p. 176.
13. Ibidem, p. 189.
14. Palabra "Airexe". G. Enciclopedia Gallega, Santiago, 1974, T. 1, p. 185.
15. VALIÑA SAMPEDRO, Elías.- Obr. cit., pp. 166-168.
16. LÓPEZ VILLARABID, Víctor.- "Danzantes de "A Cervela",
Artigo do diario de Lugo "El Progreso", 31-8-89.
17. MOREIRA SANTISO, Xosé.- "A relixiosidade popular no sector rural", Rev. Encrucillada, nº 9, Ed. Sept, Vigo, 1978, p. 64.
18. GONDAR PORTASANY, Marcial.- Crítica da razón galega, Entre o nós-mesmos e o nós-outros, Edicións a Nosa Terra, Vigo, 1993, p. 153.
19. GONDAR PORTASANY, Marcial.- Obr. cit, p. 154
20. WILLIAM CRISTHIAN, A.Jr.- "Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español", Madrid, Tecnos, 1978, p. 134.
21. GONDAR PORTASANY, Marcial.- Obr. cit, p. 154.
22. WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.- Obr. cit, 1978, p. 134.
23. GONDAR PORTASANY, Marcial. Obr. cit, p. 154.
24. ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo. "La religiosidad popular", Cuadernos B.A.C, Madrid, 1981, p. 7.
25. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Obr. cit, p. 175.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES