Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ben deitamos

martes, 05 de agosto de 2014
Cando en 1925 no Iº Congreso de Economía de Galicia se debateron interesantísimos e fundamentados relatorios para a modernización de Galicia, desenvolvemento económico e creación de infraestruturas que vertebrasen o País, tamén se propuxo a oportunidade de identificar os nosos produtos coa lingua que os vía nacer. Tiveron que pasar moitas décadas para que aqueles desexos se materializasen hoxe coa proliferación de etiquetas en lingua galega. Tampouco Álvaro das Casas puido imaxinar que a mesma arela expresada no manifesto de constitución da Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia (1936) se convertíse hoxe nunha feliz realidade.

Para a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (sección do Foro E. Peinador) constitúe un motivo de satisfacción ter nucleado a máis dun cento de empresas que incorporaron o noso idioma ás etiquetas. Somos conscientes, eles e máis nós, da importancia que ten pregoar os seus produtos –moitos deles en mercados internacionais- nunha lingua que ten que buscar novos espazos sociais e económicos para pervivir.

Mágoa que as facultades de economícas e empresariais das universidades galegas non teñan nos seus currículos programas dedicados ao estudo da historia da economía galega na que hai fitos de emprendedores galeguistas. Mellor nos iría, porque os cadros profesionais que saen deses centros universitarios haberían ter outros comportamentos lingüísticos e culturais cando tivesen a oportunidades de dirixiren empresas. Mágoa,tamén, que as escolas de negocios dedicadas a formaren a empresarios ignoren tamén nos seus temarios estas ensinanzas.

Mágoa,asimismo, que as consellerías de industrias, agricultura e do mar non se teñan empeñado nesta tarefa pedagóxica de galeguizar a industria. Galicia Calidade, como entidade encargada de fomentar a excelencia dos nosos produtos, deberá recoñecer a lingua galega como un elemento decisivo na identificación das denominacións de orixe.

Malia estas carencias a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros vén actuando con imaxinación e redobrados esforzos coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para que as organizacións sociais e políticas, tanto en canto aglutinan a milleiros de consumidores/as, fagan posible a galeguización da economía. Pasos xa se deron: a sinatura da “Carta do Consumo Responsable e solidario coas marcas que etiquetan en galego” por partidos e sindicatos fixo posible que o pasado Día da Patria Galega a presenza da campaña “Eu etiquetados en galego e ti? estivese presente en todos os actos convocados por Anova e CXG e BNG. Xavier Vence, voceiro desta formación, na súa alocución aos concetrados díxolles: “"Queremos decidir nós para poder producir algo e consumir tamén do noso. Para empezar queremos consumir produtos galegos e etiquetados en galego.. Queremos impulsar un consumo de proximidade e sostíbel. E nos alimentos, soberanía alimentar".

Queda moito por facer para que os galegos asuman o consumo en clave galega, e que a este proceso se incorporen os restaurantes, tal e como lles pedíu a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros co gallo da celebración do Día da Patria ofrecendo nas súas cartas etiquetados en galego; deste xeito farían causa coa decisión do Parlamento de Galicia que aprobou recentemente unha proposición non de lei de apoio á etiquetaxe en galego, e unha próxima recepción que a Cámara Galega ofrecerá aos empresarios de marcas recoñecibles na nosa lingua.

Ben deitamos destas axudas e colaboracións!

(Xosé González Martíne3z é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES