Foz, Vila
Fernández, Suso - lunes, 04 de agosto de 2014
O 6 - 8- 14 cúmprense 125 anos da decraración institucional de Foz como Vila. Foi unha concesión que a Raíña rexente María Cristina fixo ó pobo. O Gobernador Civil comunicaba a nova ó Concello deste xeito: El Excmo. Sr. Ministro de la Gobernación, con fecha 7 del actual, me dice lo que sigue: La Reyna Regente del Reyno, en nombre de S. M. el Rey (Q.D.G.) se ha dignado expedir por este Ministerio el R.D. siguiente: Queriendo dar una prueba de mi Real aprecio al pueblo de Foz, provincia de Lugo, por el aumento de su población, desarrollo de su agricultura , industria y comercio y su constante adhesión a la Monarquía Constitucional, en nombre de mi Augusto hijo, el Rey Alfonso XIII, y como Reyna Regente del Reyno, vengo en concederle el título de Villa. Dado en San Sebastián a 6 de agosto de 1889, María Cristina. El Ministro de Gobernación, Segismundo Moret.
Dende o ano 1845 a familia Real pasaba os veráns en San Sebastián, e polo tanto a acción de goberno trasladábase a aquela cidade; precisamente este feito marcaría o despegue turístico da mesma, pois aínda naqueles tempos de tan precarios medios de comunicación era incesante a chegada de personalidades do estado e do estranxeiro para despachar os mil asuntos coa realeza e co goberno español.
Decidido pola Familia Real fixar alí a residencia para a tempada estival, o mesmo ano (1889) iniciaronse as obras de construcción do fermosísimo Palacio de verán Miramar, para todo o séquito, dende hai moitos anos motivo de visita para cantos turistas chegan a ela; a edificación do mesmo durou catro anos. A singular beleza do lugar non só ven definida polo artístico edificio senon tamén polos grandes e moi coidados xardíns que os arrodean, formando a chamada área romántica.
Os focegos acogieron tan fausta nueva a do título de Vila- con indescriptible satisfacción y entusiasmo general por el vecindario y parroquias....Houbo na igrexa solemne Te Deum de grazas e festexos populares para celebralo. Descoñecemos en qué consistiron èstes, pero sí o que se gastou neles: 70 pesetas...
(Suso Fernández é Cronista Oficial da Vila de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora