O heroe de cada quen
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 04 de agosto de 2014
Poida que sexa unha trapallada, ou media trapallada, pero a película Os vingadores (2012) é coma un espello no que ves que, ás veces, necesitamos máis heroes.
Certo que son heroes de película, de ficción, que os auténticos heroes, os da vida real, tamén os hai abondo, aínda que non os vexamos ou non os queiramos ver. Os heroes da vida real déixante pensando máis ca nunca na realidade que se nos escapa das mans, mentres que os de ficción son para evadirte con ledicia (algunha que outra bágoa de emoción tamén adoita caer cara ao final) desa realidade dura e crúa.
Que heroes son mellores? Os dous. Uns fante soñar e os outros póñenche os pés no chan. Penso que cada quen leva o seu heroe dentro; tanto o de ficción coma o real.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora