III. O SANTUARIO DO SAN BERNABÉ DE CASTRILLÓN (O CORGO).
1. A LOCALIZACIÓN DO SANTUARIO, OS TRAZOS ARTÍSTICOS E A INCONOGRAFÍA DO SANTO
A efectos eclesiásticos, Castrillón, era, hai anos, unha freguesía anexa de Santa María de Franqueán. Na actualidade, a freguesía foi suprimida, pertencendo o seu ámbito territorial a freguesía de Santiago de Gomeán, arciprestado do Picato, provincia e diócese de Lugo. A efectos

civís Castrillón é unha parroquia, pertencente ao concello de O Corgo, provincia de Lugo. A súa poboación está distribuída en cinco entidades: Castrillón, Fontoira, Lidor, Mesón do Caldeiro, Pedradreita. O termo parroquial está regado polo río Tordea, que nace no municipio de Castroverde, e comunicado pola N-VI, e por algunhas pistas locais.
O santuario é unha igrexa románica, que ocupa a parte norte do castro. Amosa unha nave a dúas augas, elevada, sobre unha armadura de madeira e cuberta de lousa. Tanto os muros laterais como a ábsida, que e semicircular e maís baixa e reducida que a nave, están coroados por saíntes e sólidos canzorros, que sosteñen unha forte cornisa. Ademais este recinto sagrado posue unha portada cun arco de medio punto sen imposta e decoración. No seu interior varios retablos amosan talles do século XVI:
A do Salvador, de pé e cunha bóla do universo; a do San Bernabé, cunha capa e libro; a da Inmaculada, cunha peaña de nimbo e un dragón aos seus pés; e a do San Antonio.
San Bernabé naceu en Chipre e pertencía a unha familia levítica. Algúns autores, como Clemente Alexandrino e Eusebio de Cesarea, supoñen que San Bernabé foi un dos 72 discípulos dos que fala o evanxeo. En calquera caso, aparece como unha figura relevante no seo da igrexa primitiva que, sen pertencer ao grupo dos doce, merece ao igoal que San Pablo o título de apóstolo. Ambos os dous colaboraron conxuntamente na organización da comunidade de Antioquia e na predicación aos xenties. Foi lapidado e queimado vivo polos xudeus de cara ao ano 63 . O seu corpo foi atopado no 458, levando no peito o evanxeo de San Mateo que, xunto coas pedras da lapidación, constituen os atributos da súa iconografía.
Neste santuario hai dúas imaxes do San Bernabé: A que permanece dun xeito permanente no interior do recinto sagrado e amosa o evanxeo de San Mateo; e a que sae na procesión e mostra a palma do martirio e as pedras da lapidación.
2. AS FONTES DOCUMENTAIS.
2.1. Libro de Bautismos., perg. 20 jul. 1773- 30 dic. 1834, fols.. 1-54 v.
2.2. Libro de Bautismos., hol, 28 en. 1836-25 nov. 1852, fols.. 1-24 r., blancos.
2.3. Libro de Bautismos, hol., 23 mar. 1852-1 en. 1893, fols.. 1-57 v., blancos.
2.4. Libro de Matrimonios., perg. 20 en. 1818-21 feb, 1852m fols.. 1-11 v., blancos.
2.5. Libro de Matrimonios., hol., 9jn. 1855-16 ene. 1893, fols.. 1-16v., blancos.
2.6. Libro de Difuntos., perg., 12 en. 1818-13 feb.1853, Fol.. 1-22r.., blancos.
2.7. Libro de Difuntos., hol., 18 dic. 1852-8 en. 1893, Fol.. 1-29 v., blancos.
2.8. Libro de Fábrica., perg., 1816-1893, Fol.. 1-49v., fol., blancos.
3. A FESTIVIDADE E A PROCEDENCIA DOS DEVOTOS.
Todos os anos o día once de xuño conmemórase neste lugar a festividade do San Bernabé. Adoitan acudir devotos non só do concello de O Corgo, senón tamén doutros concellos limítrofes como Castroverde, O Páramo, Láncara, Portomarín, Neira de Jusá, Guntín, e mesmo Lugo. Noutrora viñan tantos fieis e romeiros de ofrenda e merenda que aínda hoxe as persoas de idade do lugar teñen lembranza do seguinte dito: No día do San Bernabé nin os páxaros movían os huevos no nido, do día santo que era.
4. OS PEDIMENTOS E AS PROMESAS.
Os devotos ofrécense por si mesmos ou para acadar algunha intercesión para outras persoas, que non poden vir ao santuario normalmente por algunha doenza ou impedimento físico debido a idade. As peticións máis usuais fanse por doenzas humanas e de animais. Non obstante, os romeiros tamén levan a cabo pedimentos ligados coa crise da facenda propia ou outros problemas de índoble familiar e social.
Con todo, a petición vai ligada ao cumprimento dunha promesa. Esta consiste nun contacto directo e sagrado de forza moral entre a persoa é Deus, a través de Cristo ou dunha seriede intercesores ou mediadores como son as diferentes advocacións da Virxe e os santos. Neste caso concreto referímonos ao San Bernabé.
Agora ben, podemos distinguir tres tipos de relación entre os devotos e a entidade sagrada:
1. Relación condicional, é dicir primeiramente a divindade simbolizada por Cristo, a Virxe e os santos concede a petición ó devoto e logo este leva a cabo a promesa; trátase dun cumprimento "a posteriori". A este tipo de relación dáselle os nomes de "Ofrenda condicionada" e "Petición Condicional".
2. Algúns devotos veñen solicitar, suplicantes, a mediación de Cristo, da Virxe ou dos santos ante calquera problema cumprindo unha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os distintos rituais e ofrendas que os devotos realizan teñen lugar antes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de relación recibe os nomes de "Ofrenda propiciatoria" e "Devoción peticionaria".
3. Finalmente hai devotos que veñen tódolos anos por algunha petición concedida pola divindade noutrora. A este tipo de relación dáselle o nome de "Ofrenda de acción de gracias".
A promesa a divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente no que alguen fai algo a cambio dunha posterior axuda cando chegue o momento axeitado. Cando o campesino mercantiliza as súas relacións relixiosas
o que tenta é traducilas a unha dialéctica coñecida, que lle proporciona dúas vantaxes fundamentais: a comprensión pragmática dunha interacción, de por si misteriosa, entre o natural e o sobrenatural, e unha certa seguridade ou dereito emanante da reciprocidade co intermediario.