Lembranzas dunha vida (23)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca - miércoles, 27 de agosto de 2014
Recordando as praias ou baños dos anos corenta
Que diferente ás praias de agora. Nesas datas, eu tiña dez anos. A esas idades case todos os nenos lles enfermaba a cabeza. Non había produtos como agora nin tanta limpeza, só xabón. Recordo que miña nai comprábao da Toxa, pero enfermaba igual. Así que, levábanos ao médico. Mandábanos ir aos baños. A nosa praia máis próxima era Miño. Dicían que tiñan que ser días impares. Xa había casas que se dedicaban a dar pousada.
Da casa, levabamos pan, patacas, algo de touciño. Alí, cada familia facía de comer a parte. As camas eran de palla polo piso. As sabas, cada un levaba a súas. Os baños eran en aúnas. Recordo que mamá sempre nos levaba chocolate para cando saiamos da auga. Dicía que a auga daba moita fame. Nada máis que nos bañábamos unha vez ao día. Os bañadores eran de saco de esparto. Facíanlles uns furados para os brazos e a cabeza.
Así, bañábanse as mulleres maiores. As nenas bañabámonos coa enauga. Estaban as silveiras cheas de sacos a secar. Ninguén se estrañaba. Para cambiarnos, escondiámonos detrás das rochas. As pousadas eran baratas. Iamos a pé. Ata Miño, había doce kilómetros, aproximadamente. As vacacións non saían caras...
Agora, todo cambiou. Facía falta que os de agora viran esa película. Non o crerían. Se viviran os de antes, non coñecerían este mundo.
Teño setenta e cinco anos. Gústame recordar. Tamén se pode vivir con menos.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora