Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (22)

miércoles, 20 de agosto de 2014
Por que morren as nais?


Non comprendo por que unha nai con nenos pequenos ten que morrer. Unha amiga e veciña contábame que foran oito irmáns, todos pequenos. Morreulles a nai. O pai ía traballar. Os nenos quedaban sós, aínda que os veciños axudábanlles moito. Unha muller que vivía ao lado poñíalles a pota ao lume para facer o caldo. Cando daba a volta, os nenos máis grandes sacaban as patacas para comelas; aínda estaban crúas. Dicía ela que sempre lle gustaran as patacas sobre do cru, pensando no que lle gustaban aquelas. Despois, ao caldo botábanlle a verdura, e sabía mal.
Pero, todo se comía; había moita fame.

O pai sempre lles deixaba rosas para que os nenos as foran desfacendo. Así, pasaban o tempo. Logo, cando foron medrando, aqueles nenos querían moito aos veciños. Axudábanlles na horta; foron agradecidos.

Eles foron medrando. Todos vivían ben. O pai casouse moi maior. Todos respectaron a súa muller. A miña amiga dicía que seu pai nunca lles pegaba; tiña moita paciencia.

Tamén me contaba que cando ían á casa da avoa, comían as patacas pequenas dos porcos que ela botaba no caldeiro. A avoa vivía con moita abundancia. Cando vivimos moi ben, pouco nos acordamos dos que teñen necesidades. Somos moi pouco humanos.

Un recordo para esas nais que se van, e tamén para eses nenos que quedan orfos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES