Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (21)

miércoles, 13 de agosto de 2014
Historia dunha Pereira chamada de Can


Escribo a historia que me contou miña nai, pois son a bisneta do home que a plantou, e xa teño setenta e catro anos; así que, a pereira xa pasará moito dos cen.

Meu bisavó tiña unha irmá solteira; el era viúvo. Un día que ela o chamou para xantar, el díxolle: “Vai poñendo o caldo na mesa, pois vou plantar unha pereira de Can na Horta Vella, para que caian as peras polo campo abaixo”.
Plantou a pereira, e aí está, dando peras. Estivo no medio das silvas, pero sobreviviu. Quen lle diría ao bisavó que ían comer as peras os seus tataranetos e os fillos deles, que non sei como chamarlles.

É bonito plantar árbores. No campón, onde está a pereira de Can, hai dúas pereiras Rabudas. Dicía miña nai que cando ela viñera para a casa, xa estaban alí as dúas pereiras. Eran igual de grandes que hoxe. Disto hai noventa anos. Pero, tiveron pouca sorte, pois pasou a liña eléctrica por enriba delas e sempre lles están a quitar o curuto. Dá pena velas, pois son centenarias. Pouco se mira por isto. Desta variedade xa poucas quedan ou ningunhas.

Cando lle quitas as edras a unha árbore, esta queda contenta; ata cho agradece, pois regálache a froita de balde.

Ben, nacín nun lugar onde hai de todo. Os nosos antepasados e presentes queren moito á Natureza. Grazas por deixarnos tanto ben, e ensinarnos a plantar para os que veñan detrás de nós. É bonito. Un saúdo.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES