Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (20)

miércoles, 06 de agosto de 2014
Recordando onde nacín


Din que os galegos temos morriña; non sei como chamarlle, pero gústame ver a terra onde andei de pequena.

Quérolles aos carreiros, aos camiños que me levaban á escola, á igrexa. Hoxe, con setenta e cinco anos, cando me levan a ese recuncho tan querido, abro a ventá, miro onde pasei a miña nenez, a infancia. Recordo a meus pais, á madriña, meus irmáns, os veciños; toda unha vida.

Despois de cincoenta anos casada, criando os fillos, axudando a criar os netos. Poder recordar o camiño andado é moi bonito. Moitos xa non poden difrutar da súa historia. Venlles esa terrible enfermidade que borra todo o que fuches, o Alzheimer. Danme moita pena, pois é un tempo fermoso da vida; aínda que haxa achaques, disfrutas moito dos recordos.

Cando se é xove, parece que non che chega o mundo a nada, pero, cando se teñen anos, pensas doutra maneira. Todo ten moito valor para ti. Vas por un camiño, ves as árbores que están aí; parece que aínda te coñecen desde que eras neno.

No cemiterio, están alí os que faltan, pois xa son moitos.

A igrexa á que fuches de pequena. O domingo de Ramos, a auga bendita. A túa voda. Recordos tristes ou alegres son parte da nosa vida, que algún día recordarán outros.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES