Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A8: Unha traxedia

viernes, 01 de agosto de 2014
Na nosa sociedade está todo tan planificado, controlado, regulamentado, que parece imposible que algo se escape ao control da administración, e se produzan acontecementos fóra do normal dentro do ámbito que a todos nos afecta.

Para calquera instalación, obra, actuación, acontecemento hai que facer proxecto, presentar avales, seguros... estudos previos, cálculos de todo tipo, polo que o resultado dunha obra pública debería ser un exemplo de perfección. E sen embargo basta unha simple néboa para provocar unha catástrofe.

O que pasou na A8, preto de Mondoñedo, podía non ser previsible para un momento determinado pero si de xeito xeral porque ao ser construída en lugar tan elevado, lonxe de zonas habitadas, o estudo de repercusión da obra no espazo ambiental e o mesmo proxecto desta tiñan que prever todo tipo de posibilidades, mesmo a dun desgraciado accidente como o ocorrido o pasado sábado.

Non é posible saber cando ven unha barreira de néboa que impida a visión, pero si se sabe que un día de cada dous hai néboa nesa zona, polo que se instalaron sinaladores lumínicos, que un día que por alí pasei hai un par de meses víanse con dificultade cando era un día luminoso no resto do norte da provincia.

Non é agora o momento de poñer en dúbida os estudos previos feitos en relación coa viabilidade da obra, nin siquiera de que o proxecto técnico gozase de todas as bendicións políticas e administrativas, pero si é o momento –á vista das medidas excepcionais que se tomaron e se van tomar pola Administración- de esixir que se teñan en conta todos os factores que inciden nunha obra pública, calculando os riscos ata o extremo de maneira que as peores condicións, climáticas neste caso, non consigan romper o equilibrio do que dependen moitas vidas humanas.

Porque o accidente da A8 foi unha traxedia pero puido ser aínda moito peor se non fose pola decisión dos conductores de saír fóra dos vehículos, de intentar avisar aos outros conductores. Agora toca lamentarse, estudiar detidamente o tema, e procurar solucións. E aprender para o futuro, que non hai mellor ensino para o futuro que os problemas sufridos no presente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES