Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uns 'cidadáns' exemplares

jueves, 31 de julio de 2014
Desde o Preguntoiro: Uns “cidadáns” exemplares


O que torto nace, tarde ou nunca se endereita, este vello refrán galego faime lembrar ao noso primeiro mandatario deste apodrecido país. Remata de entrar no “talego” o Jaume Matas o corrupto de Baleares, un home do que falaba o Sr. Rajoy con estas palabras: “quiero en España lo que él ha hecho en Baleares”. Carlos Fabra, outro que era moi especial para o presidente cando falaba del dicía: “..Es un ciudadano ejemplar...”. Sobre Jenaro García o empresario “exemplar”, entregoulle un premio eloxiando o seu traballo, sería cando xa mangara os millóns. Do valenciano Francisco Camps, o Sr. presidente comentaba: “...Francisco es un ejemplo de gestión...”. ¡Manda carallo na Habana!.

Se xuntamos todos estas louvanzas do presidente a esta tropa, nada estraña que neste barco chamado España, ao mando deste patrón vaia ao garete. En calquera país do noso entorno europeo xa tiña que estar dimitido e convocando eleccións.

Parece que comeza o desfile (agardando indultos) desta xente “ilustre”. O malo non é iso, o malo é a grande cantidade de xente que debendo estar, non están. Se este país fora Francia, outro galo nos cantaría a todos, no país veciño non andan con “chiquitas”, non; alí, os xuíces son independentes e se teñen que chamar a declarar a alguén (aínda que sexa o mismisimo presidente), o fan e rapidiño, e sobre todo, nada de aforamentos.

Porén, penso que isto non é limpeza nin é nada, están escondendo a bosta debaixo da alfombra, para dar o exemplo de que isto está impoluto, queda moito por airear, así que non nos tomen por ignorantes . Imos ver, Sr. Rajoy, ¿este é o modelo exemplar que quería para este esperpéntico país?.

Cando toda esta tropa vaia entrando (sen indultos) na “universidade”, os internos que teñan coidado coas carteiras.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES