Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cine en Roca

martes, 29 de julio de 2014
Esta fin de semana Roca converteuse na capital do cine ó aire libre, no entorno rural. Unha aldea que foi o esceario acolledor para escoitar a música que transmitían as fitas que fomos visionando. Non era posible mellor moqueta ca herba pequerrechiña que acariciaba os nosos pés. Alí nos xuntamos máis de cen persoas: dos Pirineos, Madrid, de todo o país. Foi unha mostra de como con pequenos xestos fánse milagres de creatividade.

Esta mostra foi un sinal de que o noso mundo rural ten futuro con iniciativas coma esta, e foi unha demostración de que a mocidade ten enerxía para erguer e conservar o noso país. Este evento ten futuro, porque cimentase nesta rocha firme que deita un manancial de augas vivas capaz de vigorizar o noso pais.

Roca ten unha tradición de participar en formas parateatrais coma o Entroido cando ateigaban as arbores e as casas de bonecos que se rian da vida cotiá sen ferir a ninguén. Noraboa de Belén, Helena, Kamy, Ramón, Xosé Antón, e as e os colaboradores de Xermolos..., que poñen o dedo na chaga, porque non podemos desperdiciar a mocidade, necesitamos da súa creatividade e do seu saber para que as nosas parroquias se vigoricen con este zume novo.

O cine está en crise, o local de Guitiriz pechouse e aquelas experiencias de cine nalgún salón coma no Pazo dos Manchás nas Reixas dos Vilares, cando o Merra poñia peliculas nas festas da Pascua tamén tornaron o telón para sempre. Non podemos esquecer aqueles carromatos que montaban o seu espectáculo cinematográfico nas prazas de Baamonde, Guitiriz e Parga para deleite dos máis novos, cando aínda non se construíra o salón de cine de Guitiriz, iniciativa de dous irmáns veciños de Roca, Inocencio e Pedro Tomé, procedentes da familia dos Pontegafín.

Estas noites estreladas de Roca insinuaban os astros das nosas pantallas, e a paisaxe que nos envolvía non era o pano de fondo dunha sá de cine, era un mundo de persoaxes e lendas que polulaban a carón noso emporiso foron unhas noites máxicas nas que nosoutras e nosoutros sentiamonos actores protagonistas deste universo que é Roca.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES