Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (19)

miércoles, 23 de julio de 2014
Recordando a Andrés da Asnería


Hoxe, fun á misa. Estiven recordando aqueles do meu igual, que xa non están. Un deses rapaces, que morreu na posguerra, desa enfermidade que, neses tempos, ninguén curaba, que era a tuberculose.

Andrés da Asnería non sei exactamente a idade que tiña, aproximadamente dezaoito anos. Foramos xuntos á escola e sempre te une un recordo especial. Xa lle morrera unha irmá máis nova. Era unha mociña; tiña dezaseis anos. Recordo que as amigas do Ourovello leváranlle unha coroa de camelias brancas, feita por elas mesmas. Aqueles pais sufriron moito, pero estaban aí, aguantando.

O vinte e cinco de xullo é o patrón da parroquia, Santiago Apóstolo. Fomos á misa; era cantada; compramos rosquiñas. De volta para a casa, fomos ver a Andrés, que xa estaba moi maliño. Deunos as grazas cun sorriso que nos quedou cravado. Ao anoitecer, cando empezaba o baile, que, por certo, estaba cerca da casa, as campás tocaron a morte. A amiga que foi comigo velo, hoxe, está casada na casa onde viviu Andrés. Casou co irmán máis novo.

Aquel mociño tamén pensaría no seu porvir, pero a morte non reparou. Así que, ímolo recordar, a el e máis a moitos que se foron no mellor da súa vida. Os nosos recordos estarán con eles.

Vese que son maior por vivir recordando. Outros non puideron. O futuro será curto; polo tanto, aproveitémolo.
Gracias.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES