Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Angrois, ano I

miércoles, 23 de julio de 2014
Non se pode esquecer que hai un ano estabamos a vivir a peor traxedia da historia do noso país e, nada menos, no seu día grande. Mais a nosa xente foi quen de converter o día máis negro no maior exemplo que Galicia deu ao mundo, aínda que non o único.

Ese día, cando xa nada quedaba por dar, os bancos de sangue colapsáronse coa ansiedade de salvar vidas irmás. Ese día, permanecemos todos pegados á información permanente da RTVG, que coido que é de xustiza dicir que foi a única que permaneceu a pé de campo ata o final. Lembro durmir co ollo entreaberto e a mente posta sempre nas novas que se producían a cada minuto. Foi unha noite eterna que alborexou nunha tristura espesa que non era quen de entender a terrible perda colectiva que viña en imaxes que parecían imposibles.

Pero, velaí que fomos e seguimos sendo un pobo forte acostumado a remar contra a tempestade e quen estaba de festa converteuse en voluntario, as mans do mundo erguéronse para erguer a Compostela dun amencer petrificado e isto é sinxelamente inesquecible.

Por iso, na memoria levamos a todos aqueles que pararon alí o seu reloxo vital e por iso, Angrois, no primeiro ano daquela traxedia, debe converterse nun símbolo da solidariedade, desa capacidade humana infinda para axudar aos demais. O espírito de Angrois é o espírito da solidariedade universal que leva na memoria aquel día e dende aquel día e dende a memoria de todas as persoas que ficaron alí, rétanos a pensar en todo o que seremos capaces de facer se aquela solidariedade chega a ser a tónica xeral da nosa sociedade.

Sempre estarán connosco os que alí ficaron.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania