Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da Patria: Dos ditos aos feitos

martes, 22 de julio de 2014
O Día da Patria celebrarase este ano unha vez máis en Compostela, e alí acudiran milleiros de persoas convocadas por diversas organizacións nacionalistas para deixaren constancia do seu amor á Terra; un sentimento que hoxe ten varias expresións ideolóxicas que representan os intereses dos distintos estratos sociais.

As tribunas políticas ese día convertiránse en cátedras de galeguismo desde as que se impartirán doutrina para cadanseu público. Sempre foi asi desde que noutrora se convocara por primeira vez a celebración desta efeméride. Un día dedicado á reflexión colectiva do que somos e do que queremos ser no futuro, un pobo decidido a manter encesa a súa identidade.

No galeguismo hai unha importante tradición de didactismo que foi capaz de concebir estruturas eficaces para a construción da nación. Desde o Congreso de Economía do ano 1925 ata a constitución da Unión de Colleiteiro do Ribeiro do Avia en xaneiro de 1936, houbo propostas innovadoras para o desenvolvemento da nosa identidade tendo como motores a autonomía persoal de cada home e muller. Abonda recordar como o Partido Galeguista e a súa FMG instaban aos seus militantes a consumiren produtos galegos como unha maneira de consolidar a soberanía alimentaria, que hoxe non é práctica xeralizada. Foi un período de esperanzas que a sublevación militar tronzou.

Seguindo aquela diadáctica galeguista debemos afrontar a obriga de poñermos en práctica medidas correctoras en aras da maior eficacia. Hai que fuxir da retórica litúrxica para substituíla por unha praxe consecuente. Porque “o verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos” (Castelao). As invocacións épicas e líricas non son as máis indicadas para crear unha conciencia dun galeguismo pragmático e sólido alén das militancias políticas. É tempo de maior pragmatismo e de crearmos unha sociedade civil galeguizada.

A Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (sección do Foro E. Peinador) fai unha proposta concreta para a celebración do Día da Patria: practicar o consumo en galego. Para chamar a atención de tal finalidade distribuiranse milleiros de autoadhesivos con esta lenda: “Eu etiquetados en galego, e ti?”, que estarán presente en todas as concentracións convocadas.

Pode imaxinar o lector o efecto que podería ter para as nosas industrias de transformación agroalimentarias que quince ou vinte mil manifestantes solicitasen nos establecementos de hostalaría viños e demais produtos etiquetados na nosa lingua? Todos eles esgotarían ese día as existencias dos almacéns deses bares e restaurantes. Tan difícil é este exercicio práctico que propoñemos?. Galeguizar Galicia é posible se prestamos a atención debida a estes pequenos detalles. Corear consignas de claro matiz reivindicativo galeguista ou nacionalista no desenvolvemento dos actos,e despois cando chegue a hora de tomar os viños ou do xantar non elixir produtos etiquetados en galego é un contrasentido que hai que corrixir. A celebración do Día da Patria é unha oportunidade para facermos en Compostela un ensaio xeral de apoio á lingua galega e ás precarias industrias de transformación agroalimentarias.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania