Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ensalmos e rituais etnomédicos (V)

jueves, 24 de julio de 2014
2. ENSALMOS PARA SACAR OS ARGUEIROS

O argueiro é unha partícula de po ou de calquera outra cousa que se mete nos ollos e produce molestias.
En Baleira empregábase, como terapia, para sandar a doenza o seguinte ensalmo:
“Cabalín, cabaleiro
sacame este argueiro,
que veña Sta. Lucía
e que volva a ver como vía.
Por el poder de Dios
y de la Virgen María”.

Ensalmos e rituais etnomédicos (V)
En Gracián (Castroverde), recitábase a seguinte pregaria cos ollos pechados.
“Pasa cabaleiro, quítame este argueiro.
Santa Ana, quítame esta argana.
Santa María, que ma quite máis axiña.
Con el poder de Dios y de la Virgen María”.


Ao finalizar a oración rezábase un painoso e un avemaría.
En Santa María de Gondar (Lugo), para expulsar o argueiro, collíase na man dereita o párpado e movíase para arriba e para abaixo, mentres se dicía o seguinte ensalmo:
“Argueiro, argueiro,
cabaleiro,
Santa Lucía,
me quite este argueiro.
Polo poder de Dios e da Virxen María”.


Ao rematar o ensalmo, rezábase un painoso e unha avemaría. O ensalmo tiña que recitarse tres veces coas oracións correspondentes e ao finalizar cada unha delas, cuspíase unha vez.

3. FÓRMULAS PARA SANDAR OS ORIZOS

Esta doenza é unha inflamación benigna, que afecta básicamente a nenos e mozos, que aparece no bordo libre das pálpebras. A súa manifestación é debida a unha transmisión de microorganismos, especialmente estafilococos, a nivel dunha retención da secreción das glándulas palpebrales.
Es una inflamación de las glándulas sebáceas anexas a las pestañas, producida habitualmente por el germen llamado estafilococo...El síntoma característico es una hinchazón enrojecida.
Para sandar a doenza, ademais dos remedios físicos, usábanse outros de base máxico-relixiosa.
Jesús Rodríguez López -importante médico lucense (1859-1917)- en su obra “Supersticiones de Galicia”, nos dice que para curar esta enfermedad hay que poner sobre un poco de ceniza tres pajas derechas y juntas, cuidando que una de ellas tenga un nudo. Luego, había que ponerles fuego y mientras ardían se mencionaba el siguiente ensalmo:
Quéimate Tirizó,/ con tres pallas/ e un nó/.
Enrique Carré Aldao, en “Geografía general del Reino de Galicia. T.I. Provincia de La Coruña.- Supersticiones”, dice: “ Que el orzuelo lo curan pasando sobre él nueve veces, un anillo de oro o plata ( mejor de lo primero), y de derecha a izquierda y la decisiva de izquierda a derecha, es decir, lo que vulgarmente se conoce con el nombre de “correr” el orzuelo”.

Na parroquia de Cereixedo (Cervantes) collían tres pallas dunha palloza; unha delas tiña que ter un nó; logo poñíanse en forma triangular e metíanlle lume por baixo mentres se recitaba o seguinte ensalmo:
“Fuxe orizo,
que che queiman a casa
con tres pallas e un nó".


No lugar de Moreda de Caurel, Seoane (Folgoso de Caurel), para erradicar o tirizó, usaban unha folerpa mollada en manzanilla e pasábana polo ollo dicindo:
¿Qué Decían?
En Mourence (Vilalba), para expulsar a enfermidade poñíanse sete pallas con sete nós dereitos na lareira. Logo, poñíanlles lume e pronunciaban as seguinte palabras:
“¡Ai de Dios, que lle arde a casa
a tirizós.
Veciños, vide aquí que arde
a casa a tirizós”.


En Bolaño (Castroverde), para sandar a doenza facíase unha casa con palla e tuétanos de mazorca. Logo, prendíase lume e poñíase a cara ó fume, mentres se pronunciaban a seguinte fórmula:
“Arzolo, arzolín
queimoche a casa,
e vaite ó molin”.


Na comunidade da Graña (Abadín), para expulsar este mal, facíase, con sete pallas que levaban sete nós, unha pequena figura, imitando a unha casa; logo, mentres se lle prendía lume, recitábase o seguinte ensalmo:
“¡Ai de Dios
que arde a casa
dos tirizós,
con sete pallas
e sete nós”.


Na parroquia de Aspai (Outeiro de Rei), collíanse tres pallas de trigo e facíanse tres nós en cada palla; logo prendíaselles lume e asustábase á persoa que tiña os tirizós mencionando as seguintes palabras:
“¡Ai de Dios, de Dios,
que arde a casa dos tirizós,
con tres pallas e tres nós”.


En Santa María de Gondar (Lugo), para sandar a doenza, o afectado tíña que ir a un rego de auga onde se colocaba de tal xeito que a auga pasase polo medio das súas pernas. Logo, poñía unha moeda de prata -mollada coa auga do rego- na boca á beira dos dentes. Nese intre pronunciaba a seguinte fórmula:
“Tirizós, tirizós,
que ahí estáis,
que ahí vos quedáis,
tirizós, tirizós,
con tres pallas e tres nós,
librame a min deste mal.
Pola gracia de Deus e da Virgen María”.


Ao rematar o ensalmo, rezábase un painoso e unha avemaría.

En Donalbai (Begonte), para expulsar os tirizos facíanse tres nós de palla e, logo, tirábanse ao lume. O que tiña os tirizós marchaba da casa dicindo:
“Ai, de Dios,
que me arde a casa
con tres nós tirizós”


En Pacios (Begonte), para sandar a doenza, pasábanse tres pallas polo tirizón. Logo, uníanse facendo tres nós e botábanse no lume citando as seguintes palabras:
“Ai de Dios,
ai de Dios,
que arde a casa
dos tirizós,
con tres pallas
e tres nós”


Tamén, logo, de pasaren as tres pallas polo tirizón, adoitábase recitar a seguinte fórmula:
“Ai de Dios, ai de Dios,
que arde a casa dos tirizós”.


En Cazás (Xermade), para erradicar os orizós, fanse cruces nos ollos con tres pallas que teñan tres nós. Ó mesmo tempo dise:
“Orizo, orizo;
sae do ollo
e vaite ó no.
Co poder de Dios
e da Virxen María,
un Padrenuestro
e unha Avemaría”.


O ritual faise ata que pasen.

Na parroquia de Santiago de Cubilledo (A Fonsagrada), para expulsar ós tirizós, collían sete pallas sin nós e unha con nós e poñíanas nalgun lugar, imitando a un palleiro; logo plantábanlle lume e poñían a cara do doente por riba do fume mentres lle mandaban pronunciar as seguintes palabras:
“Xo, xo, que lle arde a casa ó orizo”


Logo, o que lle acompañaba respondía:
“Xo, xo, que lle arde a casa ó orizo
con sete pallas e un nó.
Por el poder de Dios y de la Virgen María,
un padrenuestro y un avemaría”.


Na parroquia de Villarente (Abadín) usábase o seguinte ensalmo para curar os tirizós:
“¡Ai de Dios, de Dios,
que lle arde a casa dos tirizós,
con sete velas e sete nós”.


Na parroquia de Goá (Cospeito) para sandar os tirizós había que saltar seis veces por riba de tres pallas con tres nós ardendo mentres se recitaba a seguinte fórmula:
“¡Ai de Dios, de Dios,
que lle arde a casa dos tirizós
con tres pallas e tres nós,
e non hai quen lle vaia
se non é Dios”.


Na parroquia de Vilapedre (Vilalba) para sandar os tirizós usábase o seguinte procedemento: en primeiro lugar, facíanse nove nós de palla trenzados e mistos. A continuación, coa man dereita collíanse os nove nós de palla e colocábanse cruzados. Finalmente, prendíaselle lume e comezábase a pronunciar as seguintes expresións:
“Dios, que lle arde a casa dos tirizós
e non lle podemos valer nós.
Polo poder que Dios ten e a Virgen María. Amén”.


Esta práctica executábase durante nove días, e cada día nove veces. Despois de cada oración rézase un Padrenuestro.
Na parroquia de Donís (Cervantes), para sandar a doenza do orizopo construíase unha casiña de palla e, logo, prendíaselle lume. Mentres ardía, pronunciábanse as seguintes palabras:
“Queimo a palla,
e o palleiro,
e queimo o meu orizopo”.


Na parroquia de Pino (Cospeito), facíase unha casa de pallas con nós; logo, queimábase e dicíanse a seguinte fórmula:
“¡Ai de Deus, que lle arde
a casa ós tirizós”


En Grolos (Guntín) para erradicar ós orizós facíase un nó cunha palla e poñíase ó carón do ollo infectado mencionando o seguinte ensalmo:
“Ourizo, ourizón,
sal do ollo e vaite ó nó.
Co poder de Deus e da Virxe María,
un padrenuestro e un avemaría”


Esta fórmula tiña que repetirse outras dúas veces.

Na comunidade de Folgoso de Courel expulsábase ós tirizos do seguinte xeito: collíanse tres pallas con tres nós e poñíanse os tres nós no tirizo; logo citábase tres veces as seguintes palabras:
“Tirizó vaite ó nó,
tanto dure o tirizó como o nó”


Finalmente botábanse as pallas ó lume.

Na parroquia de Carlín (Friol), pronunciábanse a seguinte fórmula para botar o orizo.
“Arzuelín te hecho
a mi ojo derecho,
mírame bien
que te lo echo”.


Na parroquia de Corbelle (Vilalba), para sandar dos tirizós, collíanse tres pallas que tiñan tres nós. Logo, pasándoas por riba dos ollos dicíase o seguinte ensalmo:
“Orizo, orizo,
sae do ollo,
e vaite ó nó.
Co poder de Deus,
e a Virxen María”.


A continuación, rezábase un painoso e un Avemaría.

En Gracián (Castroverde), poñen tres pallas dereitas e xuntas sobre unha pouca cinsa, cuidando que unha delas teña un nó. Logo, préndenlles lume e, mentres arden, repiten tres vegadas, sen coller aire.
“Quéimate, torizó,
con tres pallas e un nó”.


No concello de Bóveda, para sandar a doenza, facían o seguinte ritual:
Nun cruce de camiños (mellor catro que tres) construíanse catro casetiñas de pedra. Despois colocabanse en cada unha delas unhas pallas ás que se poñía lume. Finalmente dicíanse as seguintes palabras, dando catro voltas ó redor das casetiñas:
“¡Ai de Dios
que arde a casa dos tirizós”


En Carballosa, Xermar (Cospeito), para curar a doenza, recitábase o seguinte ensalmo:
“¡Ai de Dios, de Dios
que arde a casa dos tirizós,
de tres pallas,
de tres nós”.


En Santa Mariña do Monte (Monforte de Lemos), facíanse tres cruces cos dedos en cada ollo, mentres se pronunciaba a seguinte fórmula:
“Correr nenos o ichó,
que arde a casa do Terizó”.


Para expulsar este mal pronunciábase un ensalmo unha vez, agás en tres ocasións nas que se mencionaba tres veces e nunha que se recitaba nove.
Esta doenza recibía diferentes nomes: orizo, tirizó, torizó, terizo, arzolo, arzolín, ourizo, ourizón...

A curación da enfermidade tiña como denominador común o lume no que se queimaban un número variable de pallas ao igoal que os nós que amosaban.
Polo tanto, en canto ao número de casos estudiados, podemos establecer a seguinte relación entre o número de pallas empregado e os nós usados.
Ensalmos e rituais etnomédicos (V)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES