O silencio que manca
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 21 de julio de 2014
Corre o can de palleiro por entre as rúas dunha aldea calquera. Está só. Na aldea xa hai tempo que non vive ninguén. En moitas aldeas xa non vive ninguén. Nin os corvos e pegas adoitan facer parada nelas. Para que? Non teñen onde pillar carnaza. Tan só o pobre can, que anda medio perdido, ousa uliscar, cheirar nas portas e levantar unha pata traseira sobre os potes que fan de floreiros.
Ten as orellas en punta por aquilo do medo a algún ruído. Pero o silencio é tan inmenso que ata manca. Por pouco tempo. Un asubío longo e bastante afastado chega rebotando por entre as paredes de lousa das casas medio derruídas.
O can de palleiro ergue a cabeza de súpeto, dálle ao rabo e sae correndo cara á dirección do asubío, cara ao seu amo. Agora, na aldea, si queda o silencio eterno.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora