Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Chao Rego

viernes, 18 de julio de 2014
Velaquí unha homenaxe incontestable e incontestada: En Vilalba, érguese un monolito para marcar o Hectómetro literario de Xosé Chao Rego.

Xosé Chao RegoOs vilalbeses do meu tempo sabiamos que, se de Ferrol recibiramos un párroco tradicionalista, férreo, a nosa vila tiña invadido Ferrol con cregos innovadores, revolucionarios, como Bernardo García Cendán ou Xosé Chao Rego.

O vello Chao, ao que Cunqueiro mencionaba como o seu asesor na compra de capóns, era propietario do Hotel Chao, e tanto confiaba que o seu fillo crego chegase a Bispo, que tiña gardada unha colleita de viño para celebrar cumpridamente o acontecemento cando se producise.

Pero Chao Rego non ía por esa promoción, pasou moito de largo, e foi crego dos probes, dos humildes, da parroquia ferrolá máis popular, e da “clientela” menos atendida pola Igrexa, abrindo as portas da parroquia para os temas relixiosos, os temas sociais, e os entón innombrables temas políticos ou laborais.

Nin foi Bispo nin continuou de crego, e volveu para Vilalba, e logo para Santiago para convertirse nun dos teólogos máis recoñecidos de Galicia desde a vida civil, felizmente casado.

E Xosé Chao Rego convertiuse nunha institución con labor docente nun instituto, con labor literario en ducias de libros, con labor teolóxico en centos de opinións e escritos.

E agora a Irmandade Manuel María da Terra Chá, xunto con Xermolos, ergue un monolito na súa honra no fermoso “Paseo dos soños” vilalbés, á beira do río, xunto ao Muíño do Rañego, onde teñen monumentos Manuel María e Paco Martín, Xosé Manuel Carballo, Agustín Fernández Paz, Margarita Ledo Andión, Xavier Docampo ou Darío Xohán Cabana. Alí acaban os grandes das letras chairegas sendo propietarios dun hectómetro literario deste Paseo, en posesión total.

Mágoa que Chao Rego non estea nas mellores condicións físicas para disfrutalo. Pero o feito é ese: É un grande das letras, da teoloxía, da humanidade da Terra Chá, e a Terra Chá faille xustiza.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES