Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nacemento dunha lenda (e II)

Carballo, Xosé Manuel - jueves, 17 de julio de 2014
Contaba o xoves pasado que fun testemuña privilexiada e directa do nacemento dunha lenda o mesmo día en que a Asociación de Escritores en lingua galega lle entregou o E maiúsculo de escritor a un conservador, recreador e creador de lendas: Xavier Puente Docampo.

Para poder contar algo do nacemento da lenda pareceume obrigado falar un chisquiño da preñez grazas á que foi enxendrada. Non vou repetir hoxe o que xa dixen o outro xoves, porque, se estamos en vías de saír da crise é grazas a non repetir nin da escrita nin do primeiro e segundo prato, nin moito menos do postres e café. Non ven ó caso da lenda, pero ven ó da crise. Comer pouco e comer de réxime e comer de dieta é comer ben, non é señores deputados de detrasburgos e de dianteburgos tamén? Será mellor que xulguen vostedes mesmos e por si mesmos. Cousas como a quen van ler deben dicirse en castelán por respecto,non sei a quen, pero respecto á fin ¿u no, hombre? Madia llevan algunos a correr para detrasburgos, ya verán.

Los eurodiputados reciben las siguientes cantidades:
Sueldo mensual base de 7.956,87 € brutos al mes ( 6.200,72 € netos).
Dieta diaria fija de 304,00 € para alojamiento y otros gastos, por asistir a la actividad oficial según calendario y de 152 € en el caso de reuniones celebradas fuera de la Unión Europea, facturas de hotel aparte.
Dieta mensual fija para gastos generales en el país de origen de 4.299,00 € netos.
Gastos de viaje (Billetes de tren, avión, kilometraje, dieta distancia, dieta duración).
Dieta anual de viaje hasta 4.243,00 € para actividades especiales (Conferencias etc).
Indemnización transitoria por fin de mandato de un mínimo de 6 mensualidades hasta un máximo de 24 mensualidades.
Pensión mensual de Jubilación a los 63 años del 3,5% del sueldo base por cada año de mandato. Entre 278,49 y 5.569,81 € brutos según años de mandato (20 años máximo).
Medios materiales y recursos humanos a disposición de los europarlamentarios
Medios materiales:
- Despacho para cada europarlamentario; Equipamiento y suministro completo de material para oficina; Equipo informático y de telecomunicaciones; vehículos oficiales; bicicletas de servicio; espacios y hemiciclos para realizar actividades; cursos de lenguas y de informática.
Recursos humanos:
- Dotación de 21.209,00 € brutos al mes para contratar asistentes personales y servicios externos, ya sea en Bélgica o en el país de origen.

Caramba! Pois eu coñezo un moi responsabe que co que lle sobra de dietas está aprendendo a ler e xa di m, a= ma, p, e=pe, (outra vez) p,e,=pe. PP, esto me suena. PSOE, esto me sonó.

Volve ó rego, Xosé.

Volvo. Se alguén esqueceu ou non leu o que eu dicía hai oito días, direille que os de Galicia Dixital seguen téndome colgado en Opinión.

Coincidimos en Castro de Ribeiras de Lea o día de autos Bernardino Barreiro a quen sempre dá gusto escoitar, Saleta Goi, a quen sempre da gusto bicar eu que non falo ben polo que non da gusto escoitarme, nin podo prodigarme moito en bicar por mor do celibato, aínda que ós 70 anos vaise levando ben. Algúns irmáns no sacerdocio atribuen a virtude o que é froito da decrepitude ou da próstata.

Díxolle Bernardino a Saleta: -Contouche José Manuel o que lle pasou cun obispo?
Respondeu Saleta: Creo que non, que foi?
Seguíu Bernaurdino: Cóntallo, José Manuel.

Dixo José Manuel, prevendo o que podía acontecer: É millor que llo contes tu.

Remangouse Bernardino e botou a lingua a pacer: Pois una vez díxolle un obispo, creo que Gea: “José Manuel, no me gusta que hagas juegos de magia”. Respodeulle José Manuel: “Como usted mande, señor obispo, pero si me lo prohíbe le puede pesar”. O obispo púxose moi serio e seguíu: “Mira que no te pese a ti… Ahora me voy para Ferrol que ya voy tarde. Piénsalo”. Esto era en Mondoñedo, aclarou Bernardino e seguíu: Entonces José Manuel preguntoulle: “Señor Obispo, me puede decir que hora es?”
O obispo iba mirar o reló e encontrouse sin el. José Manuel ó entregarllo díxolle: “No lo pierda”. Entonces o obispo, moi colorado dille: “Bueno, tampoco es tan malo hacer juegos. Haz lo que quieras”.

O amigo Bernardino buscou a miña aprobación e preguntoume: Non foi así? Eu o día 21 de xuño sabía ben certo que non fora así. Foi como dixen o xoves pasado, pero gustoume tanto a recreación de Bernardino que lle dixen: “Así mismo foi. Nin que estiveras alí”. Saleta confirmou: Que bonito! Eu pensei: “As lendas case sempre son bonitas, porque son formas poéticas de expresar realidades que nos sobrepasan.

Isto aconteceu hai menos dun mes e xa non estou tan seguro de que non fose tal e como contou Bernardino. Se chega Saleta a contar esta mesma historia gustaríame saber como será a historia diferente que conte a viúva dun parsimonioso patriarca, O Manuel, debullador de lendas, encantos e meigas e bruxas e tesouros escondidos coma Cunqueiro.

Se o mapa do xenoma humano nos mata as lendas e os mitos, vaia o demo co mapa!, porque quedamos sen identidade dinámica. Amén.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES