Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lei de Inseguridade Cidadá

Cardalda, Theo - miércoles, 16 de julio de 2014
Desde o Preguntoiro: Lei de Inseguridade Cidadá


O Goberno aprobou a polémica Lei de “Seguridad Ciudadana”, non deixa de ser un lei de represión contra os movementos contestatarios, lei ata denunciada por organismos internacionais, xuristas e algúns partidos políticos.

Camiñamos directos a un novo “fascismo” institucional, un estado policial e represivo, porén, o peor é que a maioría de partidos (non todos) do congreso absolutamente nada din, porque da a sensación de que tamén están de acordo con este golpe de estado á democracia.

Este decreto lei promovido por esta xente, non é precisamente para facer xustiza, máis ben son para protexerse dos cidadáns que protestan pola política de recortes e abusos que están a facer sistematicamente. Paseniño, ímonos achegando aos anos 50 do século pasado con aquela lei de “vagos e maleantes”, aplicada hoxe a cidadáns e xente do común co NODO incluído para que vexamos que todo é un camiño de rosas.

Se non fora porque estamos en Europa e esta xente que nos goberna teñen un pouco as mans atadas para pasarse certas liñas vermellas, remataríamos como nos tempos de Franco. Porén, por fin vémoslle as faces aos da man erguida, os vivas a España que é deles, por eles e para eles.

Sempre dixen que teñen que aprender o significado de democracia, non unha mentira totalitaria disfrazada de democracia. A democracia apréndese lendo e escoitando, non se ensina a paus nin represión.

Comezaran a aplicar a violencia preventiva. Esa que exércese polas dúbidas. ¿Non fixeches nada?. Xa o sei, pero detéñote igual e levas paus no lombo para que camiñes sempre con medo. Isto é o que haberá. Esta lei atenta contra os dereitos humanos. Que alguén “demócrata” explíqueme a onde imos e a onde camiñamos.

"Es propio de mentes estrechas, embestir contra todo aquello que no les cabe en la cabeza", palabras de Antonio Machado.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES